Feijóo saca peito co 0,88% que baixou o paro: "Son datos esperanzadores"

O presidente galego lembra que hai 32.000 parados menos respecto de hai un ano.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 02/02/2022 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cualificou como "esperanzador" o dato do paro feito público este mércores polo Ministerio de Traballo e Economía Social.

Aínda que o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) en Galicia subiu en 1.348 persoas en xaneiro (+0,88), na actualidade na comunidade galega hai un total de 153.932 parados, 32.052 persoas menos que hai un ano.

A este último dato, fixo referencia Feijóo ao incidir en que o paro baixa "máis dun 17%", con esta cifra de parados menos. Isto, expuxo, supón "a mellor alza desde hai 15 anos". Ademais, aludiu ao "incremento dos contratos indefinidos e a baixada do paro feminino e xuvenil".

"Un bo dato para dar estabilidade aos investimentos", dixo o titular da Xunta para quen, no entanto, mellorar a situación da industria en canto ao emprego pasa por tarifas eléctricas competitivas".

O presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, na Interparlamentaria do PPdeG.. PPDEG
O presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, na Interparlamentaria do PPdeG.. PPDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta