Os xitanos toman a xustiza pola súa conta

Axentes feridos e un avogado hospitalizado con dous costelas rotas é o resultado dunha pequena revolta iniciada polo "rei dos xitanos" no Baixo Miño.

Por Galicia Confidencial | Tomiño | 02/05/2014 | Actualizada ás 11:45

Comparte esta noticia

Olegario Giménez é considerado como o "rei dos xitanos". Vive con parte do seu clan en Amorín, unha parroquia de Tomiño. O seu fillo, Sinaí Giménez, coñecido como "príncipe dos xitanos", é tamén o portavoz da comunidade xitana en Galicia. É o interlocutor coas institucións e os poderes públicos e non é difícil velo reunido con alcaldes ou representantes da Xunta. Na zona son coñecidos como os "Morón".

Homenaxe á muller de Olegario Giménez, o 'rei dos xitanos'
Homenaxe á muller de Olegario Giménez, o 'rei dos xitanos' | Fonte: FV

O seu poder está sustentado nunha férrea disciplina e, sobre todo, nun código de honor que leva séculos imperando nesta comunidade. Por iso, cando hai uns días dúas persoas acudiron ao seu domicilio a pedirlle que pagara unha débeda pendente, interpretarono como un ataque. Eran un garda civil e un axente forestal.

Segundo a versión da familia xitana, o garda civil "dedícase a extorsionar a persoas con poder económico para gañar diñeiro". Denunciaron que acudiron cunha arma para "intimidalos" e que tentaron "asasinar" o "rei dos xitanos".

"Foi a seguridade do meu pai a que logrou frustrar o intento de asasinato", dixo logo Sinaí Giménez, que se manexa moi ben con certos medios de comunicación. Precisamente, foi a súa versión a que trasladaron moitos medios que acabaron publicando que o "rei dos xitanos fora vítima dun intento de asasinato".

O garda civil e o axente forestal acabaron feridos. O primeiro rematou apuñalado nunha man e o segundo cun forte golpe na cabeza que precisiou asistencia sanitaria. Tamén do entorno dos "Morón" houbo algún mancado. Na cadea acabaron o garda civil e o axente forestal.

Segundo as fontes consultadas por GC, estas dúas persoas trasladáronse ao domicilio do "rei dos xitanos" para cobrar unha débeda que este ten cun veciño de Oia e que é amigo dos dous. "Foron os xitanos os que dixeron a hora e o momento no que tiñan que pasar a cobrala e, unha vez alí, fixeron unha encerrona. Dixeron que era un intento de asasinato e chamaron á Garda Civil", aseguran. O veciño, un construtor, deixoulle 5.000 euros para que o clan "Morón" "iniciara actividades na construción".

E de vítimas pasaron a verdugos

Pero a cousa non remata aí. Lonxe de deixar que a xustiza actúe como debe de ser nun estado de dereito, un grupo numeroso de xitanos acudiron en masa aos xulgados de Tui, onde prestaban declaración os dous detidos. E, de vítimas, pasaron a verdugos.

No seu intento por amedrentar aos detidos, acabaron lesionando a tres gardas civís, que precisaron atención hospitalaria. Tamén precisou ingreso hospitalario o avogado de oficio que defendeu aos dous detidos. Un grupo de xitanos identificouno pola rúa e deulle tal malleira que quedou con dúas costelas rotas e unha fisura no fígado.

A diferencia do acontecido co axente forestal e o garda civil, ningún dos xitanos foi detido por estes feitos, a pesares de que a Garda Civil xa iniciou unha investigación.

O clan Giménez tamén se viu envolto hai uns meses nun problema de drogas. Un dos fillos do "rei dos xitanos" e irmán de Sinaí Giménez foi detido nunha operación policial por tráfico de drogas. Estivo preso durante unhas semanas e agora está en liberdade baixo fianza logo de pagar máis de 15.000 euros. Desde a súa familia manteñen que todo é unha "montaxe".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

6 Xustiza

O que esta claro e que quen delinque ten que ir preso. http://www.elmundo.es/andalucia/201...

5 Mr. Gallardón

Andar a malhar no pessoal não é justiça. Mas tudo bem: talvez agora alguma alta 'autoridade' ou 'instância' do estado repare no problema e decida fazer algo. Ou não. Normalmente é preciso que morra alguém, e aqui polo momento só houvo feridos..

4 Furbó e cortinas de fume

Que noxo! agora empezarán cos chistes de xitanos. Que mala é esta xente que conserva as suas costumes, non aceptan coma nós a imposta sociedade de explotación capitalista e as suas normas. Reclaman diante das institucións e autoridades o que nós non atrevemos a reclamar. Ademais trafican coa droga que lles trae Marcial o compadre do Frijoles. Este povo ten os seus defectos, pero non son os culpables da crise que nos está a matar. Mentras falemos de estes casos, dos subsaharianos que saltan o valado arelantes de prosperidade, despois de escoitar a Rajoy que xa saimos da crise, que empezamos a medrar a crear emprego, de que o futuro é espranzador e moito millor etc. non falamos do importante, de colonialismo, imperialismo, do estado comatoso no que se atopa o capitalismo, dos roubos e privatizacións, de fame e miseria antre o luxo.

1 Ronsel

Que costumes? o parasistismo?... asemelha que son "o bo salvaxe" roussoniano, meus probes... a sociedade é a culpabel! eles só estaban numa brincadeira.

3 galegoexiliado

Me encanta a Alianza de inCivilizacions e o ben integrados que están estos civilizados. Canto racismo e canta discriminación, nin lle dan pisos nin lles deixan mallar e traficar en paz.

2 autoescuela Farruquito

Os picolos os antidisturbios moi ben se lles da mallar nos desafiaunzados, nos traballadores, nos pensionistas pero cando se teñen que enfrentar a estas mafias...vaia imaxe da xustiza, mallando nos xulgados a unha persoa que está a desempeñar o seu traballo, algo que eles nin coñecen. Ademais son a maior mafia do narcotráfico, axudan a ter dopada a sociedade. Ay payo, dame argo. Ay payo, dame un euro. Me diste el piso, me pagaste el carné, me diste la fragoneta, pero el deposito vacio. Ay payo, dame argo, no nos descrimines. Que racistas son los payos!