A multinacional Showa Denko estuda instalar na Coruña unha fábrica de grafito para baterías de coches

A instalación da planta suporía un investimento inicial de 100 millóns de euros.

Por E.P. | A CORUÑA | 02/02/2022 | Actualizada ás 17:07

Comparte esta noticia

A multinacional xaponesa Showa Denko estuda instalar na Coruña unha fábrica de grafito para baterías de coches eléctricos, segundo expuxeron os seus responsables e o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, na visita ás instalacións. Fíxoo acompañado polo conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, e nunha visita con reunión con directivos de Showa Denko Carbon Spain.

Sobre esta posible planta, Feijóo asegurou que se trataría dun investimento inicial de cen millóns de euros e a posibilidade de superar os 400 millóns no futuro.

"Sería unha gran noticia que nos situaría no sector da automoción das próximas décadas porque desde A Coruña non só se produciría grafito para as fábricas de baterías dun país senón para calquera fábrica do mundo".

Ademais de trasladar o apoio ao proxecto, dixo que a Xunta traballa coa compañía para dispor dunha planta eólica e contar cun prezo eléctrico "estable".

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo vicepresidente segundo, Francisco Conde, reúnese con directivos de Showa Denko Carbon Spain. DAVID CABEZÓN
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo vicepresidente segundo, Francisco Conde, reúnese con directivos de Showa Denko Carbon Spain. DAVID CABEZÓN | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta