Denuncian a instalación dunha macrogranxa de 2.000 porcos a 350 m das casas en Silleda

A empresa contou cunha subvención de 100.000 euros da Xunta.

Por Galicia Confidencial | Silleda | 06/02/2022 | Actualizada ás 21:22

Comparte esta noticia

Ecoloxistas en Acción denuncia que a Xunta de Galicia autorizou a instalación dunha macrogranxa porcina a escasos 350 m dun nucleo de vivendas de Breixa, Silleda con máis de 2.000 porcos. Dita instalación non só contou coa autorización da Xunta de Galicia senón que ademais Medio Rural concedeulle unha subvención de máis de cen mil euros.

Macrogranxa aberta en Silleda
Macrogranxa aberta en Silleda | Fonte: Ecoloxistas en Acción

A macrogranxa, propiedade de Fertaporc S.C., no consta no rexistro de empresas contaminantes a pesar de estar obrigada pola súa dimensión, segundo apuntan os ecoloxistas. "A veciñanza do lugar de Breixa denuncia que a macrogranxa está afectando gravemente á súa calidade de vida polo constante ruído e forte cheiro que teñen que aturar desde que entrou en funcionamento", indican nun comunicado.

A organización ecoloxista ainala que coa proliferación das macrogranxas ademais dun grave impacto ambiental se está baleirando aínda máis o rural. "A gandeiría industrial intensiva, con procesos altamente automatizados, apenas crea emprego, mentres que destrúe postos de traballo da gandeiría tradicional en extensivo ao facer competencia desleal, xa que as macrogranxas non se fan cargo do pasivo ambiental", sinala.

Por iso, Ecoloxistas en Acción demanda á Xunta que teña presente o "desastre ambiental que está a sufrir a baixa Limia pola incesante concesión de autorizacións de macrogranxas sen planificación nin control da capacidade da comarca para aturar os vertidos desta industría tan contaminante". Alertan que se non se declara unha moratoria inmediata para frear a proliferación das macrogranxas, comarcas rurais como o Deza poden rematar noutro desastre ambiental igual que na Limia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Sentidiño

O PP di que as macrogranxas non existen, porque para iso fan falta dez mil cabezas. Será na meseta da españa vaciada...