Galicia achégase ao 90% da poboación inmunizada tras poñer case 2.000 segundas doses

A vacinación infantil continúa avanzando. Máis de 4 millóns de certificados covid foron emitidos até a data.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2022 | Actualizada ás 13:12

Comparte esta noticia

Sanidade administrou nas últimas 24 horas outras 3.336 doses da vacina contra a covid-19, das que 1.939 se destinaron a completar pautas. Segundo os datos actualizados pola Consellería este sábado, con datos solicitados ata as 18,00 horas do venres e recollidos por Europa Press, as doses administradas ascenden a 6.479.569, mentres que os galegos con pauta completa son 2.429.898; o 89,99% da poboación.

Este repunte no número de doses administradas, do mesmo xeito que na xornada anterior, débese ao feito de que o pasado mércores se empezou a pór a segunda dose aos menores de 5 a 11 anos.

No que respecta á vacinación infantil, en Galicia recibiron, polo menos unha dose, 85.339 menores de entre cinco e nove anos e 115.380 de entre 10 e 14 anos. Segundo os datos do Ministerio de Sanidade, actualizados este pasado xoves, Galicia vacinou a 125.587 menores de entre cinco e 11 anos, dun total de 153.059.

Un neno acompañado do seu pai, á súa chegada ao recinto feiral Expourense para ser vacinado, o día no que renovaron o proceso de vacinación infantil, a 4 de xaneiro de 2022, en Ourense. Rosa Veiga - Europa Press
Un neno acompañado do seu pai, á súa chegada ao recinto feiral Expourense para ser vacinado, o día no que renovaron o proceso de vacinación infantil, a 4 de xaneiro de 2022, en Ourense. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

CERTIFICADO COVID

Neste contexo, Galicia alcanza un total de 4.142.402 certificados covid emitidos. Deles, 3.965.558 foron certificados de vacinación, 123.376 de proba diagnóstica e os 53.468 restantes, de superar a enfermidade. Ademais, nas farmacias rexistráronse os resultados dun total de 102.401 persoas, das cales 3.964 deron un resultado positivo.

Estes últimos datos foron posibles despois de que o Goberno central permitise a venda de autotest nas farmacias e de que a Xunta asinase posteriormente un acordo cos Colexios Oficiais de Farmacéuticos de Galicia para que as farmacias adheridas puidesen acreditar a validez dos resultados e integrar os resultados no sistema público de saúde.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta