A xustiza pode pedir os contratos da Xunta con Marcial Dorado

O PSdeG lamenta a "excepción excepcional" do PP cos edís de Santiago.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/05/2014 | Actualizada ás 13:22

Comparte esta noticia

Os contratos que os diferentes departamentos da Xunta tiveron con empresas do narco Marcial Dorado terán que ser entregados á Audiencia Nacional. Ou, cando menos, iso foi o que reclamou unha das acusadas no xuízo que comezou onte na Audiencia Nacional por branqueo de capitais contra o ex narcotraficante.

Francisco Caamaño
Francisco Caamaño | Fonte: psdeg

"Resulta que, seica agora, a Xunta de Galicia, se así o acorda a Audiencia Nacional, ten que entregalos –os contratos-- porque unha das persoas imputadas reclamounos", destacou este luns o deputado do PSdeG e ex ministro Francisco Caamaño nunha rolda de prensa.

Así, lembrou que o PSdeG xa pediu no Parlamento unha serie de documentación sobre as relacións de Dorado coa Xunta, unha vez que se publicaron fotografías deste co xefe do Executivo galego nos anos 90. Pero o Goberno galego só remitiu “un mero rol indicativo", xa que os escritos "nunca chegaron" á Cámara para coñecemento dos cidadáns.

Por iso, Camaño destacou que "o que non se nos quixo dar aos representantes dos cidadáns de Galicia, se cadra agora si o ten que facer por mandato xudicial, desafortunadamente, por orde da Audiencia Nacional", subliñou.

“Vai ser esta”, sinalou Caamaño, "a única forma de que os galegos saibamos realmente se existiron ou non relacións de natureza económica, certas e concretas, entre Marcial Dorado e a época en que o señor Núñez Feijóo tiña altas responsabilidades" na Consellería de Sanidade, dixo. 

Nuñez Feijóo co narcotraficante e contrabandista Marcial Dorado
Nuñez Feijóo co narcotraficante e contrabandista Marcial Dorado | Fonte: El País

Situación en Santiago

Por outra banda, o deputado socialista criticoulle ao presidente do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, que faga unha excepción excepcional" do seu código ético sobre a postura adoptada con motivo do xuízo aberto a sete edís de Santiago por presunta prevaricación.

Ademais, lembrou que o alcalde popular de Trazo (A Coruña), Xosé Dafonte, terá que comparecer ante a xustiza por un delito de presunta falsidade documental, "imputado directamente pola fiscalía". “Non creo que se poida seguir facendo excepcións das excepcións e gustaríame saber que ten pensado facer o presidente do PP de Galicia co seu propio código ético, concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 sebastian

El apoyo del preferentes de Moreda viene a dar lecciones de moralidad. Que morro¡

2 Costadamorte

Don José Blanco?... El non tivo nada que ver cos recortes da seguridade do AVE na Galiza que o deixaron sen seguridade nin AVE e permitiron o accidente de Angrois... E tampouco tivo nada que ver con pagar o doble polo AVE a Catalunya... A única seguridade da que entende José Blanco é a que permite que os fondos reservados paguen o seu chalet en Madrid e que as suas fillas vaian ao cole coas netas da duquesa de Alba..., (diso presumía en privado!)... E agora ven pedir o voto aos galegos?..., mellor que o pida aos accionistas das contructoras as que beneficiou!..., polo menos eles teñen algo que agradecerlle!...

1 Uninciso

Por que ós trolls de NOS-UPG lles cabrea tanto que Lidia Senra sexa eurodeputada e non os cabrea que sexa Pepiño Blanco " O Campión" ou o cuñadísimo de Rajoy, Millán Mon?. Por que ós trolls de NOS-UPG non falan nada das relacións do Partido Podre co narcotráfico como ben amosa a imaxe que ilustra a noticia?