Xuízo en Ferrol á dirección en Domus Vi por "imposición" dun calendario que "non se axusta á realidade do persoal"

Desde o comité de empresa reclamaron "a intervención dos responsables de recursos humanos do grupo DomusVi e que deixen de mirar para outro lado, desbloqueando a situación na que nos atopamos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2022 | Actualizada ás 18:16

Comparte esta noticia

O comité de empresa da residencia de DomusVi Ferrol levou ao xulgado á dirección do centro situado no barrio de Esteiro pola "imposición" dun calendario laboral que a parte social estima que "non cumpre co establecido no convenio colectivo do sector" e que "non se axusta á realidade do persoal que traballa no centro".

Coincidindo co xuízo celebrado na mañá deste luns, 21 de febreiro, nun dos xulgados dos social de Ferrol, varios traballadores concentráronse ás portas do edificio xudicial, na rúa Coruña.

Alí, tamén denunciaron "os cambios de carteleiras que se están producindo nos departamentos de gerocultoras e limpeza, sen xustificar e impostas de maneira unilateral e sen negociación nin acordo co comité nin as traballadoras afectadas".

Aseguran desde a CIG, sindicato maioritario no comité de empresa, que desde a dirección realízanse "actitudes ditatoriais, onde lonxe de tentar buscar un clima adecuado de traballo, están a forzar aos traballadores a soportar unha carga de traballo e un nivel de tensión, non só físico, senón tamén psicolóxico inaceptable".

Por último, tamén reclamaron "a intervención dos responsables de recursos humanos do grupo DomusVi e que deixen de mirar para outro lado, desbloqueando a situación na que nos atopamos", xa que trasladaron que "a empresa está a vulnerar sistematicamente os dereitos laborais dos traballadores aproveitándose da precariedade deste sector".

O comité de empresa da residencia de DomusVi Ferrol levou ao xulgado á dirección do centro situado no barrio de Esterio pola ?imposición? dun calendario laboral que a parte social estima que ?non cumpre co establecido no conveni
O comité de empresa da residencia de DomusVi Ferrol levou ao xulgado á dirección do centro situado no barrio de Esterio pola ?imposición? dun calendario laboral que a parte social estima que ?non cumpre co establecido no conveni | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta