Activadas as axudas para realizar rozas e talas nos montes de cara á prevención de incendios

A administración autonómica repartirá 1'3 millóns de euros neste 2022.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2022 | Actualizada ás 12:23

Comparte esta noticia

A Xunta activou a convocatoria de axudas por un total de 13 millóns de euros para realizar distintas accións sílvicolas que pretenden reducir os danos causados por incendios forestais e desastres naturais. Este xoves, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a orde da Consellería do Medio Rural deste progama de subvencións, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desarollo Rural e que se dividen en dúas anualidades.

Para este primeiro ano, a Administración autonómica reserva un orzamento de 1,33 millóns de euros, mentres que os 11,79 millóns restantes son para 2023. A previsión é desenvolver actuacións silvícolas en 7.000 hectáreas de superficie. Segundo explica a Xunta nun comunicado, estes apoios económicos pretenen fomentar o desenvolvemento "dunha nova arquitectura verde a favor da sustentabilidade, a prevención, a multifuncionalidade e a posta en valor dos montes co fin de que constitúan o núcleo dun sector forestal que se consolide como unha actividade rural identificativa de Galicia".

Así as cousas, o programa de axudas divídese en dúas liñas. Por unha banda, subvencionará tratamentos silvícolas como rozas e podas para previr incendios. Por primeira vez, inclúense as rozas en masas de coníferas que inclúan o aproveitamento de resina, dirixidas á creación de descontinuidade tanto horizontal como vertical. Por outra banda, haberá axudas para realizar podas e tallas de formación ou rozas, e plantacións puntuais de determinadas árbores, directamente vinculadas ao incremento dos valores ecolóxicos dos bosques que non teñan carácter produtivo.

Os beneficiarios das axudas poderán ser persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares do terreos obxecto de subvención, maioritariamente comunidades de montes veciñais en man común pero tamén as asociacións e agrupacións de propietarios particulares, cooperativas agrarias ou proindivisos, entre outros. O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días hábiles desde este venres.

Roza de leira
Roza de leira | Fonte: Xunta de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta