Pontón pide un "último esforzo" para converter ao carballo de Conxo na árbore europea do ano

A portavoz nacional puxo en valor o "gran simbolismo" desta árbore.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2022 | Actualizada ás 17:29

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, animou a todos os galegos a facer un "último esforzo" e votar en favor á designación do carballo de Conxo como a árbore europea do ano, a poucos días de que finalice o prazo o próximo 28 de febreiro.

Nun acto celebrado ao pé do propio cabalo do Banquete de Conxo e no que estivo acompañada da portavoz municipal en Santiago, Goretti Sanmartín, e da deputada Iria Carreira, Pontón puxo en valor o "gran simbolismo" desta árbore, asociada á defensa da "liberdade, a igualdade e a fraternidade". Uns valores que, ao seu xuízo, hoxe en día son necesarios "nun momento no que as nosas cabezas e corazóns están co pobo de Ucraína, que está a vivir unha situación intolerable".

Neste sentido, Pontón pediu a retirada das tropas rusas do país e mostrou o seu rexeitamento á guerra que, tal como indicou, "sempre gañan os imperialistas e perden os pobos".

A líder nacionalista tamén lembrou as palabras de Rosalía de Castro, que fixo unha alegación cando se tallou unha parte importante da caballeira de Conxo. "Aínda que a Galicia de hoxe é moi diferente á de Rosalía, hoxe vemos como esa reivindicación da nosa biodiversidade, da nosa unión coa natureza e co coidado do medio ambiente segue vixente", engadiu.

No centro, Ana Pontón no carballo de Conxo.. BNG
No centro, Ana Pontón no carballo de Conxo.. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta