A Universidade da Coruña lidera a aplicación de solucións sostibles e a cooperación internacional para restaurar o ciclo natural dos sedimentos.
Con 32 investigadores principais e 68 doutorandos, o centro continúa ampliando o seu impacto científico e social.
  comenta   0
Losada critica que este procedemento estivo parado durante os últimos 15 anos pola Xunta, que "estiveron de brazos cruzados" e é "quen ten a competencia última de facelo". Non entanto, recoñece que o actual titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, "dinamizou esta acción".
  comenta   0
O océano está perdendo a súa capacidade de autorregular o clima. Un cambio profundo e silencioso que xa afecta á vida mariña e pon en risco a base económica e ecolóxica de rexións como Galicia. A ciencia alerta: non estamos ante un futuro distante, senón ante un presente que xa reborda os límites.
  comenta   0
A Calzoa posúe un sistema dunar catalogado como Hábitat Natural de Interese Comunitario, numerosas aves protexidas e a presenza de lontras. Alí desemboca o río Lagares, o máis importante da cidade, xerando unha marisma na zona da Xunqueira
  comenta   0
As centrais reversibles, que combinan dous encoros a diferente altura para producir e almacenar enerxía, perfílanse como unha solución estratéxica para integrar máis renovables na rede e reducir a dependencia de combustibles fósiles, nun territorio que xa lidera a produción hidráulica.
  comenta   0
As accións desenvolveranse en Curtis, Gondomar e o Xurés no marco do programa europeo GIFT, cun enfoque en restauración de sebes e instalación de caixas para fauna arborícola
  comenta   0
A bandeira negra "por mala xestión" en Pontevedra outórganlla aos propietarios das urbanizacións da Illa de Toralla e ás administracións "que permiten esta usurpación de dominio público marítimo terrestre".
  comenta   0
A poboación de oso pardo crece e expándese cada ano, pero a coexistencia con actividades humanas e a conservación xenética seguen sendo desafíos clave para garantir o seu futuro na Cordilleira Cantábrica e Galicia. "Para poder consoliar este proceso é esencial a cooperación continua entre ciencia, conservación e sociedade", advirten Óscar Rivas, presidente da Fundación Oso Pardo, e José Vicente López-Bau, do CSIC.
  comenta   0
Un negocio global que move millóns, pero tamén deixa feridas nos ecosistemas galegos. O Seprona desvela casos reais de aves, marfil e madeiras raras que agochan unha ameaza ambiental que vai moito máis lonxe do que pensamos.
  comenta   0
A operación Namib desartella unha trama que operaba en varios puntos de España e Portugal e incautou unha trintena de exemplares exóticos e invasores
O investigador do centro CRETUS da USC Jonatan Rodríguez asegura que dá conta das características biolóxicas desta árbore e explica se estas entran na liña do que demos en chamar especies invasoras ou, pola contra, só estamos ante unha especie exótica.
  comenta   0
"Varios anos despois da crise da Covid-19 non houbo grandes cambios na vixilancia destes recintos", denuncia a Fundación Franz Weber.
  comenta   0
A cidadanía poderá enviar alegacións ata o 12 de xuño sobre o cambio lexislativo que permitiría aplicar medidas de xestión da especie
  comenta   0
O BNG e o PSdeG critican a estratexia do Goberno galego mentres a Xunta defende un equilibrio entre fauna e actividade agrogandeira
  comenta   0
"Galicia converteuse para o eucalipto nunha romaría que leva celebrándose dende hai máis de 50 anos, na que cada un pode facer o que queira, cortar o que queira e plantar o que queira", lamenta o catedrático da USC Javier Guitián, que, aínda con dúbidas, aposta por prorrogar a moratoria sobre as plantacións de eucalipto, pero "poñendo máis esforzo en controlalas, porque se non se vixían os montes ao completo, a xente seguirá facendo deles o que queira".
  comenta   0
A Aula Universitaria da UNED de Foz pechará o seu curso académico cunha actividade aberta á comunidade educativa e ao público en xeral: unha ruta interpretativa sobre as plantas silvestres da primavera.
A profesora de Economía Aplicada na USC María do Mar Pérez Fra reivindica unha nova mirada cara o rural galego, afastada do paternalismo e os estereotipos, pois defende que o rural está cheo de posibilidades e conta xa con poboación e iniciativas innovadoras que son unha fonte de oportunidades inesgotable. Por iso, fai un chamado a repensar as políticas dende a realidade concreta das comunidades que o habitan.
  comenta   0
Colectivos ecoloxistas reclaman a retirada de ambos proxectos e denuncian os riscos para a biodiversidade e os bancos marisqueiros da ría de Arousa
  comenta   0
Jaime Fagúndez, investigador da Universidade da Coruña (UDC) e do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), convida a ver o mantemento das poboacións de 'bestas' en Galicia como "unha peza clave para manter os ecosistemas naturais no mellor estado posible, de maneira que os faga o máis resilientes posible aos cambios que xa temos enriba, como é o caso do cambio climático".
  comenta   0
A Xunta autoriza o control do lobo en casos de danos, pero mantén a súa caza prohibida con carácter xeral. Busca un punto medio entre a conservación da especie e a protección da gandaría.
  comenta   0
Este mozo apaixoado pola pesca logrou aos seus 18 anos captar xa a atención de milleiros de seguidores nas redes sociais grazas aos seus consellos, trucos e experiencias persoais. A través da súa conta de Instagram, @fishinggalicia, Carlos comparte os seus coñecementos e o seu amor por este deporte, amosando non só as técnicas máis efectivas, senón tamén a conexión única que se establece entre o pescador e o medio ambiente.
  comenta   0
O planeamento urbanístico é unha ferramenta crave para o desenvolvemento ordenado das cidades, pero en Galicia a súa aprobación ten sido historicamente un proceso cheo de obstáculos. Centrámonos nesta primeira parte na análise da situación nas urbes de Pontevedra, Lugo, Ourense e Ferrol.
  comenta   0
Trátase dunha modalidade deportiva que combina a actividade física ao aire libre coa recollida de lixo e retirada de especies invasoras.
  comenta   0
O biólogo Daniel Prieto, da confraría de pescadores de Ribadeo, localizou durante unha mostraxe un exemplar de planaria ('Postenterogonia orbicularis'), orixinal de Nova Zelandia.
Actividades educativas e voluntariado ambiental para concienciar sobre a protección dos humidais e as aves acuáticas.
  comenta   0
A Plataforma Ulloa Viva mantivo este mércores diversos encontros a nivel político e institucional para "seguir solicitando apoios" na loita contra o proxecto da macrocelulosa de Altri-Greenalia en Palas de Rei.
  comenta   0
Ve "un simulacro de tramitación ambiental" e advirte "presións a altos cargos e funcionarios" para aceptar o proxecto.
  comenta   0