O PPdeG ve "sorprendente" a paralización da caza do lobo e destaca que só había "dúas" solicitudes autorizadas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2025 | Actualizada ás 13:51

Comparte esta noticia

O PPdeG cualificou de "totalmente sorprendente" o auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que suspende preventivamente ata finais de xullo a posibilidade de que se adopten medidas de xestión do lobo en Galicia cando haxa danos acreditados.

Nunha rolda de prensa ofrecida este venres no Parlamento de Galicia, o portavoz parlamentario do PPdeG, Albeto Pazos, sostivo que en Galicia "só se autorizaron dúas solicitudes" e "aínda non se habitou ningún animal", algo que, segundo sinalou, "si ocorreu noutras comunidades como Asturias ou Cantabria. Ademais, dixo que a decisión "é contraria ao criterio empregado polos mesmos tribunais en comunidades como Cantabria ou Castela e León".

"Os principais prexudicados deste auto xudicial son os gandeiros galegos, que ven como o lobo vai continuar campando ás súas anchas por toda Galicia atacando aos seus rabaños e provocándolles considerables perdas económicas", argumentou Pazos.

O dirixente popular avogou por que a Xunta "defenda, ante quen sexa necesario, o mantemento da biodiversidade e as accións de control sobre esta especie tendo en conta o estado favorable das súas poboacións".

Neste sentido, lembrou que o número de mandas en Galicia incrementouse das 84 existentes en 2014 ás 93 contabilizadas na actualidade, estando presente en máis do 90 por cento do territorio, unha situación que, indicou, veu emparellada a un aumento dun 77 por cento dos ataques do lobo e que o de reses afectadas subise un 55 por cento.

O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos.. PPDEG
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos.. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta