Galicia Bilingüe: “Pueblerinos”, “gallegos de mierda”

Foron os insultos que se escoitaron por parte dun grupo de persoas desta asociación contra as doce persoas xulgadas polos altercados nunha marcha en defensa do galego.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/05/2014 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia

Eran poucos pero se fixeron oír. “Pueblerinos” ou “gallegos de mierda” foron os insultos que recibiron as 12  doce persoas xulgados polos altercados nunha marcha en defensa do galego, así como outro grupo de persoas que se concentrou diante dos xulgados de Santiago no seu apoio.

Rosa Díez, no centro, canda Ana Pastor e López Chaves (PP) na polémica protesta de Galicia Bilingüe na precampaña das últimas autonómicas
Rosa Díez, no centro, canda Ana Pastor e López Chaves (PP) na polémica protesta de Galicia Bilingüe na precampaña das últimas autonómicas | Fonte: M.V. para ANT

En total eran case un cento os que acudiron a apoiar aos acusados e en repulsa por este proceso baixo a lema "Bandeira: Solidaridade. Com as 12 Persoas Represaliadas por defender ou Galego". Tamén berraron  "Na Galicia en Galego" e "Defender a Lingua non é delito" e cantaron o Himno galego e portaron bandeiras independentistas con aclamacións a favor da Independencia de Galicia. Na protesta tamén estaban presentes membros do Bloque Nacionalista Galego e de Anova, ademais de familiares e amigos.

“Pueblerinos”

Un pouco separado deles un pequeno grupo de membros de Galicia Bilingüe tamén se fixo escoitar berrando contra os enxuizados e acusando aos procesados de "pueblerinos" e "galegos de merda".

Os feitos que se xulgan sucederon o 8 de febreiro do ano 2009, nunha manifestación convocada por Galicia Bilingüe na que se reclamaba poder elixir a lingua de escolarización. A mobilización atopouse coa protesta doutros grupos a favor da defensa do galego, o que derivou nun altercado con carga policial e feridos.

O Ministerio Fiscal pide para os acusados un total de 45 anos de cárcere e máis de 30.000 euros por dano patrimonial por un delito de desorde pública. Todos os inmersos no proceso, menos a única muller acusada, portaron camisetas nas que se podía ler: '#8F: 45 anos. Defender a lingua nom é delito. Na Galiza en Galego!'

Entre os acusados están Roberto Rodríguez,  Bernardo Máiz, Narciso Vázquez, Alejandro Blasco, Antonio Fernández, Xoán Xosé Lorenzo, Xiana Rodríguez,  Aurelio López, Alexandre Ríos, Abraham Alonso, Roberto Conde e Antonio Fernández. Outro dos acusados, Santiago Méndez Rodríguez, foi declarado en situación de rebeldía. Os acusados negaron que participaran nos altercados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

9 Xurxo

Vaya chorrada.

8 cachinho

A lengua própria da Galicia é o português. Fora dialectos.

1 xavier

O portugués é un dialecto do galego.

2 Sara

A lengua propia de Galicia é a que falan os seus cidadáns... e deixate de carallos raros. A mín non me tocan o meu galego nin os españolitos nin os que agora van de entendidos da fala. Vaia senón!

3 Cochinho

El português y el galêgo son dialetos del español.

7 Glgo

Polo que leo, eses que gritaban debian ir ataviados dalgunha maneira que se lles identificase inequivicamente como membros de galicia bilingüe, por outra banda, deben ser de fora de galicia, doutra forma non se entende iso de galllegos de mierda... Eu poido coller unha bandeira independentista, ir pola rua dicindo que son afiliado do bloque e ir gritando "españois da merda, fora da nossa naçom!!!, e empezara a queimar caixeiros, contenedores.... Sair no youtube e que todo o mundo diga que os do bloque son asi, cando nin son do bloque, igual nin son galego ... E moi sinxelo deixar quedar mal ó outro dende o anonimato...

6 Iván

A diferenza e que a UNESCO recolle que nos lugares nos que existe unha situación de diglosia se debe facer descriminación positiva para que a lingua minorizada non desaparezca.

5 morasleira

Uns impoñen e os outros queren impoñer. ¿Dónde está a diferencia?.¿ A uns tachanos de nazis e os outros queren ser os novos neo-nazis?. So fai falla un pouco, so un pouco, de cordura para evitar todos estes extremismos absurdos que non conducen a nada. ¿En que lingua falan entre eles Bildu, ERC, BNG,....? Creo que todo fai falla e canto mais entendemento mellor para todos.

1 Hugo

Más entendimiento? DUDO muchísimo que los detenidos por defender vuestra cultura y vuestra lengua, no sepan hablar castellano. Ahora bien, esos de Galicia Bilingüe, veáse UPyD, son españoles que en ningún momento han tenido interés por aprender gallego. La diferencia está en que esa gente que reivindica el gallego, en general, no van a negarse a hablar castellano con una persona que no lo entienda. En cambio, las chorradas esas de Galicia Bilingüe, son meras excusas para forzar a que habléis español en detrimento del gallego.