Galicia Bilingüe: “Pueblerinos”, “gallegos de mierda”

Foron os insultos que se escoitaron por parte dun grupo de persoas desta asociación contra as doce persoas xulgadas polos altercados nunha marcha en defensa do galego.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/05/2014 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia

Eran poucos pero se fixeron oír. “Pueblerinos” ou “gallegos de mierda” foron os insultos que recibiron as 12  doce persoas xulgados polos altercados nunha marcha en defensa do galego, así como outro grupo de persoas que se concentrou diante dos xulgados de Santiago no seu apoio.

Rosa Díez, no centro, canda Ana Pastor e López Chaves (PP) na polémica protesta de Galicia Bilingüe na precampaña das últimas autonómicas
Rosa Díez, no centro, canda Ana Pastor e López Chaves (PP) na polémica protesta de Galicia Bilingüe na precampaña das últimas autonómicas | Fonte: M.V. para ANT

En total eran case un cento os que acudiron a apoiar aos acusados e en repulsa por este proceso baixo a lema "Bandeira: Solidaridade. Com as 12 Persoas Represaliadas por defender ou Galego". Tamén berraron  "Na Galicia en Galego" e "Defender a Lingua non é delito" e cantaron o Himno galego e portaron bandeiras independentistas con aclamacións a favor da Independencia de Galicia. Na protesta tamén estaban presentes membros do Bloque Nacionalista Galego e de Anova, ademais de familiares e amigos.

“Pueblerinos”

Un pouco separado deles un pequeno grupo de membros de Galicia Bilingüe tamén se fixo escoitar berrando contra os enxuizados e acusando aos procesados de "pueblerinos" e "galegos de merda".

Os feitos que se xulgan sucederon o 8 de febreiro do ano 2009, nunha manifestación convocada por Galicia Bilingüe na que se reclamaba poder elixir a lingua de escolarización. A mobilización atopouse coa protesta doutros grupos a favor da defensa do galego, o que derivou nun altercado con carga policial e feridos.

O Ministerio Fiscal pide para os acusados un total de 45 anos de cárcere e máis de 30.000 euros por dano patrimonial por un delito de desorde pública. Todos os inmersos no proceso, menos a única muller acusada, portaron camisetas nas que se podía ler: '#8F: 45 anos. Defender a lingua nom é delito. Na Galiza en Galego!'

Entre os acusados están Roberto Rodríguez,  Bernardo Máiz, Narciso Vázquez, Alejandro Blasco, Antonio Fernández, Xoán Xosé Lorenzo, Xiana Rodríguez,  Aurelio López, Alexandre Ríos, Abraham Alonso, Roberto Conde e Antonio Fernández. Outro dos acusados, Santiago Méndez Rodríguez, foi declarado en situación de rebeldía. Os acusados negaron que participaran nos altercados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

4 SCQ

Amin dame rabia que traia xente da falanxe de media españa a tocalas narices e agora son os malos. GALIZA BILINGÜE NON, TRILINGÜE OU CUATRILINGÜE....cada un que fale as linguas que queira pero o galego é a nosa!

3 tutur

donde están ahora eses que se ponen a insultar a los gallego hablantes llamándoles talabanciños como esa demente de gloria lago eses son los sulñlos los educados. los mas nzis que nadie y encima el fiscal calla la boca porque eds un lameculos puesto a dedo

2 Arredemo

Galicia """"Bilingüe"""" e UPyD """"enchen"""" Compostela de xentes de media españa que veñen aquí a proferir insultos xenófobos contra os galegos. E seica os que teñen que ir ao cárcere son os galegos por sentirse ofendidos. É o máis lóxico.

1 uncalquera

segundo as últimas detencións por ameazas, insultos, enaltecementos... o de "gallegos de mierda" entrará nun delito de enaltecemento do racismo? da discriminación por utilizar outra lingua? ou simplemente pasará como se non pasara nada? Mágoa de que sexa esta última pregunta a resposta.