A patronal galega expresa a súa "enorme preocupación" ante "a alza desbocada" da inflación

Alerta da "forte perda de poder de compra dos fogares" e do "golpe cada vez máis intenso ás empresas" ao encadearse 12 meses consecutivos de incrementos nos prezos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2022 | Actualizada ás 17:02

Comparte esta noticia

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) expresou este martes a súa "enorme preocupación" ante "a alza desbocada" da inflación, que alcanzou un incremento do 7,4% no mes de febreiro. Nun comunicado, a patronal galega advirte que se trata do peor dato desde 1989 despois de incrementarse 1,3 puntos durante o segundo mes do ano.

O empresariado incide en que o aumento da inflación carrexa unha "forte perda de poder de compra dos fogares" e supón "un golpe cada vez máis intenso ás empresas" ao encadearse 12 meses consecutivos de incrementos nos prezos. Neste sentido, alertan que o aumento da inflación "a niveis non vistos nos últimos 30 anos" debido á escaseza de materias primas, os custos enerxéticos e o auxe da demanda; representa "unha das principais ameazas para unha recuperación económica aínda incipiente".

Así as cousas, a CEG considera que o incremento do IPC "desbarata" os Orzamentos Xerais do Estado ao estar estes construídos cunhas previsións de crecemento do 7%, á vez que advirten das consecuencias do conflito de Ucraína para a economía.

"Se a guerra en Ucraína se alonga no tempo, ponse no disparadeiro a mercados de subministracións esenciais e acrecentarase aínda máis o problema que xa temos co custo da enerxía", subliña a confederación presidida por Juan Manuel Vieites, que reclama ao Goberno a activación de medidas "urxentes" para paliar o impacto do incremento de prezos "ante este escenario de absoluta incerteza e desconfianza".

O presidente da CEG, Juan Manuel Vieites, nun acto en Santiago de Compostela
O presidente da CEG, Juan Manuel Vieites, nun acto en Santiago de Compostela | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta