Acusan aos ex directivos de Caixanova de apropiación indebida e estafa

Afectados polas preferentes presentan unha querela contra exdirectivos de Caixanova. A plataforma de afectados da Coruña tamén podería facer o mesmo con Caixa Galicia.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 22/05/2014 | Actualizada ás 11:06

Comparte esta noticia

Os membros da cúpula directiva e do consello de Caixanova entre os anos 2003 e 2009 terán que dar conta ante a Audiencia Nacional de varios delitos, entre eles, estafa, apropiación indebida, publicidade enganosa e maquinación para alterar o prezo das cousas. Iso se prospera a querela presentada polas plataformas de afectados por participacións preferentes de Vigo-Val Miñor e O Morrazo, conxuntamente cunha trintena de particulares, contra exdirectivos e conselleiros de Caixanova.

Gayoso, segundo pola esquerda, con Feijóo e os outros directivos das caixas celebrando a fusión
Gayoso, segundo pola esquerda, con Feijóo e os outros directivos das caixas celebrando a fusión

A querela foi acompañada de abundante documentación que inclúe comunicados internos da dirección con instrucións sobre a comercialización destes produtos híbridos.

A plataforma da Coruña tamén podería presentar unha querela similar contra Caixa Galicia, a entidade financeira que se fusionou con Caixanova para formar Novacaixagalicia, da que procede Novagalicia Banco, segundo apunta José Manuel Estévez, portavoz da plataforma de Vigo-Val Miñor.

"A estafa da comercialización de preferentes e débeda subordinada estivo planificada minuciosamente co fin de obter liquidez mediante accións ou omisións constitutivas de varios delitos", apuntou Estévez.

Protestas dos afectados polas preferentes ante a Mancomunidade do Val Miñor
Protestas dos afectados polas preferentes ante a Mancomunidade do Val Miñor
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta