Un malnacido chauvinista

Non semella doado que Arístides Silveira sexa desbancado da "pool position" como máximo emisor de epítetos descualificadores por parágrafo. A súa capacidade para o insulto era admirable. Habilidade da que abusou na súa particular visita “ao país dos ananos” e lle valeu abundantes reproches por parte de moitas persoas que conservan a sensibilidade para arrepoñerse ao aldraxe cando se traspasa a "delgada liña vermella" que afasta o cómico apelativo da vulgaridade irrespectuosa ou o insulto ferinte.

Por Carlos Méixome | Gondomar | 23/05/2014

Comparte esta noticia
É evidente que Beiras non vai camiño de superar a diversidade denotativa de Arístides Silveira pero si foi quen de gañarlle na chocalleirada groseira do Ferreiro contra o que se rebelara con afouteza o Luís Seoane.
 
Os que discrepamos dunha opción, democraticamente aprobada por unha diferenza de sete votos (ou así) nacemos atravesados. Vaiche boa Vilaboa. E por riba se seguimos a reclamarnos do nacionalismo galego, ese tan cativeiro e incapaz, somos uns chauvinistas. Curiosa esa capacidade que temos para mudar os nosos complexos pailáns e férreas vontades dominadoras.
 
Os estados de tensión, o nerviosismo excesivo, a presión mediática ou persoal, a dúbida  ou a incerteza... poden desculpar algún que outro despropósito. Mais todo ten un límite. Se alguén quere ser respectado, o primeiro que ten que facer é ser respectuoso cos demais.
 
Das cousas serias falaremos despois do domingo. Aínda que con estes, e outros, precedentes semella que algúns están máis preocupados das súas particulares vinganzas que da recomposición do nacionalismo e da esquerda. Imos rirnos un chisco de nós mesmos, que o choio ten o seu aquel. Pena de epilogo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Carlos Méixome Quinteiro Licenciado en Filosofía e C. da Educación. Profesor de Xeografía e Historia no Ensino Secundario. Activista cultural e militante nacionalista dende moi novo. Ten publicado diversos traballos sobre Historia Contemporánea e, en colaboración, sobre Cuba, Rusia e Iugoslavia. Nos últimos anos ten publicado multitude de artigos sobre a represión franquista no sur de Pontevedra, nomeadamente no Val Miñor.