Temas: PAN GALEGO

Bota a andar o selo de calidade 'Pan galego' con 44 puntos de venda

Déguense tramitando máis solicitudes de inscrición, polo que en breve aumentará o número de establecementos autorizados.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 09/03/2022 | Actualizada ás 18:46

Comparte esta noticia

Un total de 44 establecementos pertencentes a 14 panadarías galegas venden desde este mércores as primeiras pezas baixo a indicación xeográfica protexida (IGP) Pan Galego. Así se anunciou durante o acto oficial de presentación deste selo de calidade, que estivo presidido polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luís Cabarcos.

No acto, o director sinalou que as panadarías que distribúen desde este mércores o produto certificado superaron todos os controis previos, garantía do cumprimento dos requisitos establecidos no prego de condicións para a elaboración de Pan Galego. Así, venderán as pezas envasadas e identificadas cunha etiqueta numerada na que figura o logotipo da indicación xeográfica protexida, asegurando a súa rastrexabilidade en todo momento.

Así mesmo, apuntou Cabarcos, na actualidade séguense tramitando máis solicitudes de inscrición no rexistro do IGP, polo que en breve aumentará o número de puntos de venda autorizados a distribuír Pan Galego. Mantense tamén aberto o prazo para que se rexistren no IGP tanto os produtores de trigo autóctono, como os muíños e panadarías interesadas en acollerse a este novo selo de calidade.

Pan co selo de calidade 'Pan galego'
Pan co selo de calidade 'Pan galego' | Fonte: Xunta de Galicia

Temas: PAN GALEGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta