Convocada folga indefinida polos despedimentos en Ambulancias do Atlántico

Tras tres semanas de mobilizacións e reunións, a CIG acordou facer esta convocatoria a partir do 28 de marzo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/03/2022 | Actualizada ás 20:52

Comparte esta noticia

A CIG convocou folga indefinida, a partir do 28 de marzo, na UTE Casablanca y Otros debido a despedimentos na empresa Ambulancias do Atlántico. "Esta UTE é a concesionaria do servizo de transporte sanitario urxente na área sanitaria de Santiago e responsable última do despedimento dun traballador na base de Ambulancias do Atlántico de Santiago", sostén o sindicato nun comunicado.

Nesta unión de empresas intégranse Ambulancias do Atlántico, Ambulancias Casablanca, Ambulancias do Nordés, Ambulancias Ortigueira e Ambulancias Quiroga. Tras tres semanas de mobilizacións e reunións con diferentes empresas e ante a falta de solucións, as asembleas de traballadores acordaron a convocatoria desta folga indefinida.

A CIG censura que o despedimento foi "totalmente inxustificado". Foi comunicado o pasado 15 de febreiro ao traballador, sumándose a outros catro que na semana anterior se produciron en Vigo.

Mobilización da CIG contra os despedimentos en Ambulancias do Atlántico
Mobilización da CIG contra os despedimentos en Ambulancias do Atlántico | Fonte: CIG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta