O sector cárnico galego advirte da situación "crítica": "Está en risco o noso futuro"

Piden "solucións conxuntas" que permitan manter e potenciar unha actividade "vital" para o rural galego.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2022 | Actualizada ás 18:20

Comparte esta noticia

As producións amparadas baixo a Indicación Xeográfica Protexida Tenreira Galega, e de forma máis acusada a gandaría tradicional que produce Tenreira Galega Suprema, advirten de que se atopan no seu momento "máis crítico, que mesmo condiciona a súa viabilidade futura".

Nun comunicado, o IGP lembra que, co comezo da pandemia da covid, o sector cárnico de vacún de calidade galego "vén sufrindo unha crise económica continuada, provocada inicialmente por unha caída significativa dos prezos e agravada posteriormente pola alza desproporcionada dos custos de produción", derivada do incremento dos prezos da enerxía, dos combustibles, dos abonos e das materias primas como os cereais para alimentación do gando.

Respecto diso, apuntou que estas subidas nos custos, non se viron reflectidas nos prezos de venda dos tenreiros. Tenreira Galega lembra que o sector é "clave e fundamental" para manter o rural galego vivo, en que máis de 10.000 familias gandeiras, con explotacións sustentables tanto desde o punto de vista social, como económico ou ambiental. 

Desde o IGP Tenreira Galega fan un chamamento para que a todos os niveis e desde todos os ámbitos, empezando polo propio Consello Regulador, as distintas administracións, os sindicatos e asociacións, as cooperativas e os operadores da cadea comercial (gandeiros, industrias e distribuidores), e finalizando polos consumidores, busquen "solucións conxuntas que permitan manter e potenciar unha actividade vital para o rural galego, baseada nunha calidade recoñecida en todos os mercados e cun modelo de produción de máximo respecto coa súa contorna e co benestar animal".

O sector primario, e concretamente os produtores de carne de vacún en explotacións tradicionais, "é lóxico que se atopen fartos con todo o que está a pasar e dos ataques indiscriminados que reciben".

SUBIDA DO PREZO

Advirten de que na actualidade o prezo da carne é o principal problema, xa que non cobre o incremento dos custos de produción, "poñendo en serio risco a súa continuidade, o seu medio de vida e o das súas familias". "É necesario o compromiso da sociedade e sobre todo das Administracións da Unión Europea e dos propios países e rexións que a conforman co sector", sinala, á vez que apunta que "loxicamente as subidas deben de ser moderadas e progresivas no tempo, pero tamén vai sendo hora de que se valore a orixe dos alimentos que se consomen".

Un grupo de vacas pastando nunha leira de gandaría extensiva
Un grupo de vacas pastando nunha leira de gandaría extensiva | Fonte: Carlos Luján - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta