As medidas anticrise de Feijóo: axudas para cambiar equipamentos e un bono enerxía para pemes

O presidente da Xunta utiliza a Cámara galega para confrontar co presidente español, Pedro Sánchez, nunha comparecencia na que criticou as medidas do Goberno central na folga de transporte e no acordo con Marrocos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2022 | Actualizada ás 13:08

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, arremeteu contra a "inacción" do Goberno que dirixe Pedro Sánchez, cun discurso no que apelou a "non repetir dúas veces" a "negación" da crise, en referencia velada á de 2009. Unhas declaracións que fixo na Cámara galega durante unha comparecencia de urxencia sobre a folga de transporte pedida polo BNG.

Fronte a iso, avanzou que o Consello da Xunta aprobará novas medidas, despois do paquete lanzado a semana pasada, que incluirá avais para realizar investimentos nos sectores produtivos (por valor de 70 millóns de euros que esperan mobilizar 140 millóns) e flexibilizar as condicións dos que xa os teñen subscritos.

No ámbito enerxético, Feijóo avanzou o "bono enerxía peme", unha axuda de ata 6.000 euros, que cubra o 80 por cento do investimento de industrias e pequenas empresas, co fin de que renoven os seus equipamentos e poidan reducir a factura enerxética. Para iso, prevense 65 millóns de euros.

O presidente da Xunta conveu que as comunidades teñen que "colaborar", pero iso "non implica calar". Así, incidiu en que xa nunha carta o 10 de novembro advertiu ao presidente do Goberno da situación de crise, especialmente derivada dos custos da enerxía e agora agravada coa guerra de Ucraína.

Sobre o paro do transporte, pediu ao Goberno de Sánchez que sente a "escoitar" aos convocantes, porque  "guste ou non" hai que "escoitalos" e reclamou "transparencia" sobre que medidas planifica coa Unión Europea e o "acordo con Marrocos" e as súas consecuencias.

O PPdeG acepta a comparecencia de urxencia, solicitada polo BNG, do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo
O PPdeG acepta a comparecencia de urxencia, solicitada polo BNG, do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta