Por E.P. | A CORUÑA | 22/03/2022 | Actualizada ás 14:46
Os xulgados de cláusulas abusivas resolveron en Galicia o 79,4% dos 26.121 asuntos ingresados desde a súa posta en marcha, en xuño de 2017, segundo datos do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPX).
Trátase dunha porcentaxe superior ao rexistrado a nivel estatal onde este tipo de xulgados resolveron xa o 71,6 por cento dos 713.129 asuntos ingresados desde a súa creación. En Galicia, o número de asuntos resoltos ata a data ascende a 20.240 tendo en conta todo o período comprendido desde a posta en marcha destes xulgados ata 2021.
En concreto, o ano pasado ingresaron 6.607 asuntos e resolvéronse 7.539. En 2020, foron 3.469 e 4.215, respectivamente, de acordo cos datos do CGPJ. En canto ás sentenzas ditadas por estes xulgados desde xuño de 2017, ascenden no caso de Galicia a un total de 17.966. Delas, 6.970 corresponden ao ano pasado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.