As pernoctacións hoteleiras triplícanse en Galicia en febreiro

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2022 | Actualizada ás 11:10

Comparte esta noticia

Galicia rexistra un total de 319.265 pernoctacións hoteleiras en febreiro, o que supón tres veces máis que no mesmo mes de 2021 (eran pouco máis de 100.000 hai un ano), segundo os datos que publica o Instituto Nacional de Estatística (INE) este mércores.

Pola súa banda, houbo 177.628 viaxeiros en febreiro na comunidade galega, o que supón catro veces máis que os 42.639 de hai un ano. Galicia é o oitavo destino preferido dos residentes en España, cun 4,5% das pernoctacións. Á cabeza está Andalucía (21%), seguida por Comunidade de Madrid (14%).

Pola súa banda, a comunidade galega é a última en grao de ocupación por praza no país (o 24,7%). A maior cifra está en Canarias (61,6%), seguida por Madrid (46,2%). A tarifa media diaria é de 53,80 euros nos hoteis galegos, aínda que aumenta un 24% respecto de hai un ano, aínda está lonxe da media española (87,8 euros).

En febreiro de 2022, Galicia conta con 1.072 establecementos hoteleiros abertos, 289 máis que un ano antes. Supoñen 45.946 prazas estimadas, máis de 13.000 respecto de hai un ano.

Unha parella de peregrinos toma unha foto na Catedral de Santiago durante a ponte de San Xosé / Álvaro Ballesteros - Europa Press. / Europa Press
Unha parella de peregrinos toma unha foto na Catedral de Santiago durante a ponte de San Xosé / Álvaro Ballesteros - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta