Ourense investigará unha subcontrata cunha empresa da muller de Baltar

O PP apoiou o venres unha moción pola que o Concello de Ourense investigará unha concesión á muller do presidente da Deputación, José Manuel Baltar. Trátase da cafetería La Central, situada no centro da capital das Burgas.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 06/06/2014 | Actualizada ás 20:18

Comparte esta noticia

Os conservadores non dan creto as acusacións dos outros partidos, que cualifican de "fantasía". O concelleiro do PP Aurelio Gómez dixo no pleno que a denuncia procedía dos ciumes doutros hosteleiros por non gañaren o concurso público.

Mitin de José Manuel Baltar en Ourense
Mitin de José Manuel Baltar en Ourense | Fonte: JMG

Os nacionalistas do BNG, autores da moción a debate, alertaron que a cafetería anexa ao Hotel San Martín está a ser xestionada por unha empresa na que participa a muller do presidente da Deputación. Na súa opinión, na cafetería tamén se fixeron obras non permitidas na cesión deste espazo público.

De "mentireiros" cualificou ao alcade (PSdeG) e  ao voceiro do PPdeG o líder de Democracia Ourensana. Gonzalo Pérez Jacome esgrimiu un ticket da cafetería en cuestión, a empresa titular da cafetería non era a que figuraba na factura. Dende Democracia Ourensano tamén denunciaron que a concesión non permitía tal cesión da cafetaría a outra empresa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Facianas que son poemas

Que faciana de pija pepeira que ten a ghicha, cuspidiña a versión loira da filla de Ansar das Azores.

1 Pernando

Que Deus che conserve a vista. A baltarina é máis rural que Baltar o vello.

1 De Lalín

Baltaralandia, a terra dos caciques