El Jueves

El jueves, tras décadas arriscando nas marxes dos kioscos, é a primeira vítima da renuncia de El-Rei.

Por Manuel Bragado | Vigo | 08/06/2014

Comparte esta noticia

A súa propiedade, o grupo RBA, decidiu destruír a tirada semanal de 60.000 exemplares, nos que aparecían en portada El-Rei e o Príncipe, ademais de deixar as brincadeiras sobre a abdicación nas páxinas interiores.

Unha decisión editorial que provocou na tarde de onte a deserción dunha parte dos seus colaboradores máis veteranos por considerala un xeito de censura previa que contradí o espírito rebelde desta publicación satírica. Sen dúbida que os editores (e a Casa Real) erran se pretenden desnaturalizar unha publicación que fixo do sarcasmo e da acedume das súas portadas o seu principal sinal de identidade. Xaora, a decisión é tamén ineficaz para os seus promotores, xa que a mudanza da portada orixinal achegoulle maior visibilidade na rede. Con todo, lamento que El jueves poida quedar como unha publicación satírica do reinado de Juan Carlos. Mágoa!

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA