César Antonio Molina reivindica a súa condición de "home de letras" no seu ingreso na Academia Galega de Belas Artes

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/03/2022 | Actualizada ás 20:58

Comparte esta noticia

O escritor e exministro de Cultura César Antonio Molina reivindicou a súa condición de "home de letras" no seu discurso de ingreso na Real Academia Galega de Belas Artes. A  Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña, cidade natal do tamén editor e profesor universitario, acolleu o acto de ingreso como académico de honra na RACBA.

O escritor e exministro de Cultura César Antonio Molina
O escritor e exministro de Cultura César Antonio Molina | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press.

"Ao longo da miña vida tiven importantes e numerosos recoñecementos nacionais e internacionais, pero ningún tan memorable e querido como os que  proveñen da miña cidade natal e de Galicia", sinalou Molina no inicio do seu discurso, que foi contestado en nome da academia por Felipe Senén-López.

O escritor reivindicou a súa condición de "home de letras" nunha intervención na que repasou momentos da súa traxectoria profesional e fixo unha alegación a prol da cultura.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 MEDULIO

É moi creativo nos resumes de libros