Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/03/2022 | Actualizada ás 18:25
CSIF informou de que, baixo o lema 'Os Funcionarios de Carreira tamén existen', representantes do sindicato na Xunta de Galicia iniciaron unha campaña de recollida de firmas en defensa dos funcionarios de carreira.
A organización sindical denuncia "o agravio e discriminación" da Xunta de Galicia cara ao funcionariado de carreira e esixe "a mellora dos seus dereitos laborais", tendo en conta que, sostén, se converteron "nos peor retribuídos" non só en comparación co conxunto das comunidades senón tamén con respecto a outros empregados públicos galegos do Parlamento, deputacións, concello so universidades.
Sostén CSIF que, nos últimos anos, a función pública galega "se negou de forma sistemática a abordar unha mellora das condicións laborais dos funcionarios de carreira", fóra de melloras a algún colectivo concreto e específico que posúe "unha forte e activa capacidade de mobilización".
OBXECTIVOS
CSIF expón unha serie de obxectivos, como a promoción interna polo sistema excepcional de concurso de méritos, coa convocatoria de todas as prazas abertas a máis dun subgrupo profesional, mediante o sistema excepcional de concurso de méritos.
Tamén expón a excedencia voluntaria por nomeamento provisional, que permita a un funcionario de carreira prestar servizos en calquera Administración pública, organismo, axencia ou entidade do sector público como persoal funcionario interino ou como persoal laboral con contrato temporal, pero mantendo a reserva do seu posto de orixe e sen ser declarado en excedencia voluntaria por interese particular.
Tamén expón outras melloras salariais, concurso de traslados abertos e permanentes, establecer un regulamento de funcións para cada corpo e escala da Administración Autonómica, e outro que regule "de forma transparente e obxectiva" as comisións de servizos en base aos principios de mérito e capacidade.
Finalmente, reivindica a Implantación dun novo decreto de provisión de postos de traballo que poña fin "á adxudicación arbitraria dos postos de libre designación".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.