Os comerciantes galegos avisan: "as medidas do Goberno contra a inflación non serven"

A Federación Galega de Comercio alerta dunha "forte caída" da facturación pola perda de poder adquisitivo dos consumidores.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/03/2022 | Actualizada ás 12:34

Comparte esta noticia

O presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, avisou dunha "forte caída" da facturación como consecuencia do paro do transporte e da inflación. José María Seijas lamenta que, "dun tempo para aquí, cando se pode comezar a recuperar un pouco, aparece algunha novidade que trastorna todos os plans".

Así, o presidente da Federación Galega de Comercio sinala que o paro do transporte aféctalles pero, sobre todo, a "inflación". "Todo ese diñeiro que se paga pola enerxía ou o combustible o consumidor non dispón del e, por tanto, as facturacións son menores", subliñou. Así mesmo, Seijas expuxo que "as medidas do Goberno non son efectivas e non van ser a gran solución do problema". "Seguimos agardandado a que aos poucos se siga recuperando a economía", haseñalado.

O empresario lucense abundou en que o que máis lles "alterou" os plans" foi a inflación, "especialmente en sectores como a alimentación". En canto ao paro do transporte, considera que o máis prexudicado foi "a venda por Internet" tendo en conta que "non se puido servir a mercadoría". "Houbo un descenso importante na facturación, pero o peor de todo é o que viñamos arrastrando, porque levamos unha tempada arrastrando un déficit na facturación e cada vez é máis complicado", aseverou. Finalmente, Seijas ten claro que "as pérdidas" no comercio "son millonarias, pero do mesmo xeito que noutros sectores como a hostalaría ou laindustria".

Un grupo de persoas pasea polas rúas de Vigo.. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press
Un grupo de persoas pasea polas rúas de Vigo.. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta