Van Morrison na Coruña

Estará este xoves no Coliseum.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 31/03/2022 | Actualizada ás 09:50

Comparte esta noticia

O artista Van Morrison actuará o xoves no Coliseum da Coruña, un concerto que comezará ás 20,30 horas e no que mostrará o seu último traballo e repasará o seu repertorio.

O artista, que visitou a cidade por primeira vez hai 22 anos, é un dos músicos máis recoñecidos da escena internacional e un dos autores con maior experiencia sobre os escenarios, cunha carreira que comezou nos anos sesenta, subliñan desde o consistorio coruñés.

Van Morrison tiña previsto actuar o pasado mes de decembro, pero o concerto aprazouse por motivos de saúde do artista. A súa actuación será a primeira cita desta primavera no recinto municipal.

Van Morrison / ARTSIEGEL (CC BY-SA 4.0) - Europa Press. / Europa Press
Van Morrison / ARTSIEGEL (CC BY-SA 4.0) - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta