O alcalde de Cambre insta a Xunta a abrir un "diálogo" pola Vía Ártabra e a abandonar o papel de "vítima"

Pide unha "estrada libre de peaxes"

Por Europa Press / Redacción | Cambre | 31/03/2022 | Actualizada ás 19:20

Comparte esta noticia

O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, instou a Consellería de Infraestruturas a abandonar o papel de "vítima" e abrir un "diálogo" en relación ao proxecto da Vía Ártabra. Tras os fallos favorables do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ás teses do consistorio, anulando os acordos do Consello de Goberno e as manifestacións da Xunta apuntando a un posible recurso e un atraso no citado proxecto a consecuencia diso, o rexedor lamentou a postura da Administración galega en relación con esta obra.

"Se a Consellería de Infraestruturas tivese en conta o recurso de reposición que o Concello presentou en 2009, non teriamos que chegar a esta situación", dixo sobre as actuacións xudiciais emprendidas polo consistorio.

Por outra banda, o rexedor apelou a facer "borrón e conta nova" para sentar "a dialogar con quen sexa necesario para avanzar, de maneira decidida e sen fisuras, na construción dunha Vía Ártabra que redunde no beneficio de todos os concellos". "Unha estrada libre de peaxes, con conexión en Catro Camiños, que vertebre e cohesione o noso territorio", apuntou.

O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, ofrece unha rolda de prensa sobre o proxecto da Vía Ártabra. CONCELLO DE CAMBRE
O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, ofrece unha rolda de prensa sobre o proxecto da Vía Ártabra. CONCELLO DE CAMBRE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta