214 menores ucraínos están xa escolarizados en Galicia

Os menores repártense polas catro provincias en 100 centros educativos.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 03/04/2022 | Actualizada ás 17:34

Comparte esta noticia

Máis de 200 menores ucraínos, concretamente 214, que fuxiron da invasión rusa do seu país, están xa escolarizados en Galicia, segundo os últimos datos actualizados pola Consellería de Educación. Segundo informou o secretario xeral técnico do departamento autonómico, Manuel Vila, nunha entrevista este domingo na TVG, o número continuará aumentando.

Un neno refuxiado xoga á súa chegada á sede de REMAR en Madrid tras finalizar unha viaxe organizada por REMAR ROMANÍA para escapar de Ucraína, a 17 de marzo de 2022
Un neno refuxiado xoga á súa chegada á sede de REMAR en Madrid tras finalizar unha viaxe organizada por REMAR ROMANÍA para escapar de Ucraína, a 17 de marzo de 2022 | Fonte: Cézaro De Luca - Europa Press.

Probablemente, explicou o secretario xeral, moitos nenos xa estean aquí pero aínda non estean escolarizados, xa que antes é necesario un proceso de certo asentamento para saber onde van ir á escola, polo que a cifra irase incrementando.

Os menores repártense polas catro provincias en 100 centros educativos, segundo detallou Vila. Concretamente, ao redor de 90 atópanse na Coruña, 70 na provincia de Pontevedra, 40 en Ourense e 20 en Lugo.

A maior parte do alumnado, "máis da metade", atópase entre o seis e os 12 anos. "Logo se sumamos infantil e secundaria, é practicamente o 100%", explicou Vila.

O secretario indicou que aos mozos se lles avalía para saber os seus coñecementos e dótaselles ademais "de todos os medios materiais e persoais" necesarios, incluído material escolar e ferramentas TIC.

A pesar do "apresurado" do proceso que, como explica Vila, se puxo en marcha en 15 días, os resultados son positivos, cunha "boa adaptación" por parte dos estudantes refuxiados e dos propios alumnos galegos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta