Volve a 'Andaina Pozo do Demo', en Verín

É unha gran camiñada organizada polo Concello de Verín e a Asociación de Sendeirismo Ruta das Augas. O prazo para anotarse remata o 7 de abril.

Por X.M. Fernández | Verín | 05/04/2022 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

O percorrido circular, con saída e chegada no Pavillón de de Deportes de Verín, será de 16 quilómetros e cunha dificultade media. A saída será ás 10.00 horas da mañá.

Espazo natural do Pozo do Demo. Foto: Prensa Concello de Verín
Espazo natural do Pozo do Demo. Foto: Prensa Concello de Verín

As inscricións, cun prezo de 5 euros, poderán formalizarse, ata o 7 de abril, presencialmente en nas tenda Multisport Verín e Deportes Redonet (Rúa Ervedelo, Ourense), vía telefónica (600 410 018 e 988 414423), así como no correo electrónico buzon@multisport.es Os datos que se deben facilitar son os seguintes: nome completo, sexo, DNI, data de nacemento, enderezo completo e código postal, teléfono de contacto.

Entre as recomendacións efectuadas pola Asociación de Sendeirismo Ruta das Augas atópanse: facer a baixada en grupo ou parellas (non se debe ir só), empregar calzado resistente e compacto para evitar esbarramentos e non saírse do trazado marcado pola organización.

A recollida de dorsais poderase realizarse o venres 8 e o sábado 9 de abril, durante mañá (10:00 a 13:00 horas) e tarde (16:00 a 20:30 horas) no establecemento Multisport (rúa Irmáns Moreno), e o domingo 10 de abril, desde as 8:30 horas da maña ata media hora antes de cada proba, no Pavillón Municipal de Deportes de Verín.

PERCORRIDO

A andaina partirá do Pavillón de Deportes para dirixirse cara o pobo de Cabreiroá e Monte Maior. Tras ascender ao Pozo do Demo, tomarase a ruta do mal paso dirección Tamagos, onde estará ubicado o avituallamento.

A continuación seguirase a ruta Camiño de Santiago ata Cabreiroá, pasando pola Casa da Inquisición, para chegar finalmente o Pavillón Municipal de Deportes. O percorrido estará marcado por cinta branca-vermella e pintadas de cor amarelo.

HOMENAXE A JOSÉ AVELINO CARVALHO

Nesta edición, o equipo organizador do evento rende homenaxe a José Avelino de Carvalho. Segundo destacaron desde a Asociación de Sendeirismo Roteiro das Augas, "este ano queremos renderlle  este afectuoso homenaxe a un compañeiro e amigo co cal compartimos multitude de momentos e gozamos da natureza camiñando tanto en Galicia como en Portugal. Grazas pola túa amizade José Avelino de Carvalho".

O evento está patrocinado por Augas de Cabreiroá, HortoVerín S.L, Gadis e a Denominación de Orixe Monterrei; e colaboran co mesmo Saudeter, Multisport Verín, Cope Verín e as Agrupacións de Voluntarios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta