Javier Olleros, o chef de Culler de Pau, no Grove, candidato a mellor cociñeiro do mundo

Está xa no top 100 de mellores cociñeiros, segundo 'The Best chef Awards'.

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 04/04/2022 | Actualizada ás 21:29

Comparte esta noticia

Javier Olleros, o chef de Culler de Pau, situado na localidade pontevedresa do Grove, é un dos mellores cociñeiro do mundo, situándose xa no top 100 de mellores cociñeiros, segundo recolle 'The Best chef Awards'.

O 'Culler de Pau', distinguido cos 3 Soles da Guía Repsol. GUIA REPSOL
O 'Culler de Pau', distinguido cos 3 Soles da Guía Repsol. GUIA REPSOL

Xunto a el, outros nomes de cociñeiros españois como Jordi Vilá (Alkimia), Víctor Arguinzoniz (Asador Etxebarri), Paco Pérez (Paco Pérez Miramar) ou Mario Sandoval (Coque). En 2021 gañouno Dabiz Muñoz, propietario de DiverXo.

"As miñas influencias son e foron moitas, pero o meu gran referente é meu pai. El ensinoume todo sobre este oficio: disciplina e ganas de mellorar cada día dando todo o mellor posible", publica a conta de instagram do certame de cociñeiros, citando palabras do cociñeiro galego.

Ademais, Olleros explica o seu compromiso co cliente, co medio ambiente, os provedores e o equipo. "E finalmente, a paixón, que nos impulsa a manter espertos os nosos sentidos; a que imprimimos en todos os nosos comensais", apunta.

Conta con dúas Estrelas Michelín, mentres que Culler de Pau ostenta tres soles Repsol e sitúase entre os 200 mellores restaurantes de Europa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta