Os gandeiros galegos seguen traballando a perdas

O prezo do leite sobe a 36,6 céntimos por litro en Galicia en febreiro, aínda que segue como o máis baixo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/04/2022 | Actualizada ás 20:26

Comparte esta noticia

O prezo do leite que se paga aos produtores galegos ascendeu a 36,6 céntimos por litro en febreiro (eran 35,9 céntimos en xaneiro), aínda que continúa como o máis baixo da España peninsular.

A cifra galega está máis dun céntimo por baixo da media española, que se sitúa en 37,8 céntimos por litro. A seguinte comunidade na que menos se paga na Península é Cantabria (36,8 céntimos). No outro extremo, alcanza prezos de 39,8 céntimos en Madrid e Castela-A Mancha.

A pesar desta subida, o prezo medio do leite que reciben os gandeiros galegos continúa lonxe dos 40 céntimos que se estipulan como cantidade para que non se produza venda a perdas, segundo recentes estudos impulsados pola Xunta con base en datos da cadea de valor.

Mentres tanto, a perda de produtores galegos con entregas continúa. Foron 6.333 en febreiro, 28 menos que o mes anterior. Supoñen unha caída dun 350 respecto ao mesmo mes de 2021. No tocante á cantidade producida, foron 234.130 toneladas en febreiro, o que se traduce en descenso respecto das 255.658 toneladas do mes de xaneiro.

Unha máquina de ordeño ordeña a unha vaca na granxa Lacturale
Unha máquina de ordeño ordeña a unha vaca na granxa Lacturale | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta