Feijóo: "Son un absoluto defensor da monarquía parlamentaria e constitucional"

Pide "defendela" e "amparala máis".

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 06/04/2022 | Actualizada ás 12:08

Comparte esta noticia

O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, afirmou este mércores que el é un "absoluto defensor da monarquía parlamentaria e constitucional", que é un dos "grandes pactos da Transición", e subliñou que se pode "protexer", "amparar" e "defender máis" a esta institución.

Así se pronunciou pouco antes de que Felipe VI o reciba por primeira vez en audiencia como novo líder do PP, catro días despois do Congreso Extraordinario que a formación celebrou en Sevilla. A reunión está prevista ás 17.00 horas no Palacio da Zarzuela.

Nunha entrevista en Telecinco, Feijóo que recolleu Europa Press, afirmou que para el é "unha honra" reunirse co xefe do Estado. "É unha honra e agradézolle moito que, unha vez que me elixiron os meus compañeiros en Sevilla, tivese unha chamada da Casa Real para concretar unha data", manifestou.

Feijóo subliñou que esta tarde terá ocasión de "saudar e escoitar" ao xefe do Estado, que sabe que el é "un absoluto defensor da monarquía parlamentaria e da monarquía constitucional". Ao seu entender, é un dos "grandes pactos da España da Transición" e unha institución que deben de "protexer, respectar e amparar".

"Creo que se lle pode protexer máis, pódeselle amparar máis e que se lle pode defender máis", manifestou Feijóo, que este xoves seguirá coa súa axenda institucional e manterá un encontro co xefe do Executivo, Pedro Sánchez, no Palacio da Moncloa.

O Rei Felipe e Feijóo en Marín (Pontevedra). XUNTA - Arquivo
O Rei Felipe e Feijóo en Marín (Pontevedra). XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta