Administradores de Fincas cre que as medidas no mercado do aluguer do Goberno terán un efecto negativo

Di que as medidas tomadas polo goberno non se adaptan á situación actual do mercado da vivenda do país.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/04/2022 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

O Colexio oficial de Administradores de Fincas de Galicia (COAFGA) considera que as actuacións sobre o mercado de aluguer, incluídas no Real Decreto polo que se adoptan medidas urxentes no marco do plan nacional de resposta ás consecuencias económicas e sociais da guerra en Ucraína, "non vai lograr o efecto pretendido".

O colectivo, formado por máis de 600 colexiados en Galicia, estima que a limitación da subida das rendas a un 2%, utilizando o Índice de Garantía de Competitividade, "vai ter un efecto disuasorio e que moitos arrendadores van retirar os seus inmobles do mercado ou alugalos para vivenda vacacional".

Tamén sosteñen que a norma "vai xerar inestabilidade e inseguridade xurídica no sector". Respecto diso sinalan que os despachos colexiados están a recibir "un aluvión de consultas de propietarios que temen perder diñeiro con esta medida".

Para o presidente do COAFGA, Martín Bermúdez da Ponte, "o Real Decreto vai provocar o efecto contrario ao pretendido porque moitos propietarios deixarán de alugar os seus pisos en breve". Ademáis lembra que "case o 90% dos arrendadores en Galicia son pequenos investidores".

Vivenda en aluguer / Europa Press. / Europa Press
Vivenda en aluguer / Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta