Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2022 | Actualizada ás 11:48
A Xunta de Galicia abre este luns o prazo para inscribirse no programa de voluntariado ambiental interxeneracional en 12 espazos naturais de Galicia. Segundo informou nun comunicado, esta iniciativa gratuíta busca impulsar o respecto e coidado por un dos "grandes tesouros de Galicia, o seu patrimonio natural".
Este ano (a segunda edición do programa) increméntanse as prazas nun 18% ata alcanzar as 270 "tras o éxito alcanzado na primeira edición". Serán un total de 20 actuacións que levarán a cabo todos os fins de semana desde o 29 de abril ata o 11 de setembro.
A primeira cita será na Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel Xeoparque Montañas do Courel. Están programadas tamén accións no Parque Nacional das Illas Atlánticas; nos parques naturais do Invernadeiro, Serra da Enciña da Lastra, Monte Aloia, e Fragas do Eume; e nas reservas da biosfera Terras do Miño, na do Río Eo, Oscos e Terras do Burón, nas Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e na Transfronteiriza de Xurés-Gêres, e na reserva Ancares Lucenses e Montes de Navia,Cervantes e Becerreá.
En cada un dos escenarios o traballo dos participantes centrarase na realización de tarefas de limpeza, sinalización, eliminación de especies exóticas invasoras ou catalogación de fauna e flora. O programa pretende ademais, indican, fomentar a cooperación e o traballo desinteresado desde unha perspectiva intergeneracional. Os interesados en inscribirse nesta segunda edición poden facelo a través do espazo habilitado na páxina web www.voluntariado.gal a partir das 12,00 horas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.