Prisión para un mozo da Gudiña por abusar dunha menor de 13 anos

O xulgado xa lle impuxera o pasado 4 de marzo prohibición de comunicarse coa nena.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 26/04/2022 | Actualizada ás 11:49

Comparte esta noticia

O Xulgado de Instrución número 1 de Verín decretou o pasado venres prisión provisional, comunicada e sen fianza para un veciño da Gudiña de 27 anos, investigado por un delito de abuso sexual con acceso carnal sobre unha menor de 13 anos. Os feitos teríanse producido no pasado Entroido cando o acusado ofreceuse a levar á menor no coche á casa.

Así o informaron a Europa Press fontes xudiciais, que indicaron que os feitos se incoaron no Xulgado de Instrución número 2 de Verín, que o pasado 4 de marzo impuxo ao investigado a prohibición de comunicarse e aproximarse á denunciante, así como a retirada do pasaporte.

Tras o exame dunhas gravacións, o Xulgado de Instrución número 1 de Verín, que é o que dirixe a investigación por ser o que estaba de garda cando sucederon os feitos denunciados, tomou declaración ao investigado e decretou o seu ingreso en prisión.

Detención nunha operación da Garda Civil
Detención nunha operación da Garda Civil | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta