Un autobús da empresa Clece percorrerá Galicia para ofertar 280 empregos

Faranse máis de 500 entrevistas a persoas candidatas que optarán a postos vinculados co sector dos servizos e da limpeza.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/04/2022 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

Un autobús itinerante da empresa Clece percorrerá nos próximos días Galicia para ofertar 280 postos de traballo, o chamado Proxecto Ruta Galicia, que se presentou este mércores na Cidade da Cultura coa participación da conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana.

En total, faranse máis de 500 entrevistas a persoas candidatas que optarán a postos vinculados co sector dos servizos e da limpeza como son, entre outros, auxiliar de enfermaría, persoal de enfermaría, cociña, limpeza ou psicoloxía.

O autobús adaptado estará entre o 9 e o 18 de maio en Ferrol, Oleiros, Lugo, Santiago, Vigo e Ourense, e dará cobertura a 75 localidades, como se se tratase dunha oficina de emprego itinerante. En palabras de Lorenzana, a iniciativa pretende reforzar a presenza dos servizos esenciais en toda Galicia, polo que será "un impulso á empregabilidade e ao campo social".

Para participar no proxecto, é preciso anotarse previamente na páxina web www.galiciaemplea.es ou chamar ao número de teléfono 900 80 56 17, e, deste xeito, os candidatos serán citados para asistir á entrevista de traballo.

A conselleira puxo en valor o traballo que desenvolve Clece en Galicia desde o ano 1992. Trátase dunha firma co que a Xunta colabora para impulsar a contratación de mulleres, persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión social.

Lorenzana, ademais, lembrou que a Xunta está a apoiar este ano o emprego e a formación destes dous colectivos, ademais dos menores de 30 anos, cos plans Emprega Muller, Xuventude e Discapacidade-Exclusión Social, que suman en total preto de 134 millóns de euros de investimento.

A Conselleira De Emprego E Igualdade, María Jesús Lorenzana, Participará Na Presentación Do Proxecto Ruta Galicia Emprega Do Grupo Clece.. XOÁN CRESPO
A Conselleira De Emprego E Igualdade, María Jesús Lorenzana, Participará Na Presentación Do Proxecto Ruta Galicia Emprega Do Grupo Clece.. XOÁN CRESPO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta