A VII edición do FIC de Verín presentou cartel, obra dun artista gráfico local

A obra de David Rivada baséase na conxunción dun fenaquitoscopio, elemento circular que produce ilusión de movemento, misturado con efectos ópticos modernos. O concurso de curtas será do 30 de agosto ao 4 de setembro.

Por Galicia Confidencial | Verín | 30/04/2022 | Actualizada ás 20:50

Comparte esta noticia

Un artel moi moderno e innovador será a imaxe da VII edición do Festival Internacional de Curtas de Verín. Os dous elementos circulares da imaxe unidos conforman unha bobina de cine. Segundo o autor local, David Rivada, “cando me escolleron non tiña para nada claro como ía realizar o traballo”, quen afirma ademais que “ilusionismo” e “cinema” comparten moito en común e os dous elementos están na base da súa proposta ilustradora.

David Rivada amosando o seu cartel. Foto: Prensa FIC Verín
David Rivada amosando o seu cartel. Foto: Prensa FIC Verín

“Ningunha das decisións tomadas no deseño foi froito da casualidade”, comenta tamén Rivada ao tempo que sinala que "este cartaz móvese”. Efectivamente, se fixamos a mirada nel atentamente dá a impresión de que os discos que conforman a ilustración están en movemento.

APOSTA POLOS CREADORES LOCAIS

“Tentamos contar con autores e artistas locais para que realicen o cartel ilustrador de cada unha das edicións do Festival Internacional de Curtas de Verín”, destaca Carlos Montero, director do certame. “Nesta ocasión depositamos a confianza no xoven David Rivada e, sen dúbida, o resultado obtido é moi creativo e moi enxeñoso”, afirma.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta