Pilar de Lara e Estela San José, no punto de mira

O caso Pokemon, que dirixe Pilar de Lara, podería ser anulado, tal e como lle aconteceu a Estela San José co sumario das multas de Lugo por unha “anómal actuación procesual”. Algúns políticos e maxistrados cren que se poden ter "extralimitado" na tramitación dalgúns dos seus casos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/06/2014 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

“As filtracións xudiciais do caso Pokemon provocan falta de rigor na administración de Xustiza”. Esta contundente frase pronunciouna o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o pasado xoves na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. Non citaba a ninguén expresamente, pero aludindo en varias ocasións á xuíz que leva o caso, Pilar de Lara, suliñou que estas “filtracións por capítulos non benefician a ninguén”. 

As xuízas Estela San José e Pilar de Lara
As xuízas Estela San José e Pilar de Lara | Fonte: Interviu

De feito, Feijóo fixo un claro paralelismo entre o caso Pokemon e o das multas de Lugo. Así, suliñou que provocan indefensión nas persoas citadas e “falta de rigor” na Xustiza. “Todos debemos ponderar as reaccións”, dixo ao lembrar que no caso das multas de Lugo, a Audiencia Provincial de Lugo decidiu pechar o caso sen acusar a ninguén. 

Anulación do sumario das multas

A Audiencia non se pronunciou sobre os 23 acusados do caso que tramitou a xuíz Estela San José, amiga de Pilar de Lara, senón sobre o procedemento. É dicir, que podería estar probado que os 23 imputados puideron cometer irregularidades, pero esta institución xudicial considera que a xuíza instrutora cometeu “unha clara infracción do dereito ao xuíz predeterminado pola lei”. 

Os maxistrados provinciais entenden que, unha vez descuberta a segunda trama de suborno, ao fío dunhas escoitas telefónicas por outro delito, “debeuse levar á oportuna dedución de testemuño e remisión deste ao Decanato para a súa posterior asignación ao correspondente Xulgado de Instrución en aplicación das normas de repartición”. É dicir, que non hai caso porque entende a Audiencia provincial que Estela San José “estralimitouse” nas súas funcións

Por iso, Feijóo tentou vincular a tramitación dos dous casos para denunciar esa suposta “falta de rigor” na Xustiza. Polo momento, o caso Pokemon segue adiante, pero desde algúns círculos xudiciais entenden que este megasumario podería acabar en nada porque a súa tramitación é case idéntica ao caso das multas. O inicio da investigación partiu, á súa vez, doutra investigación que dirixía a xuíza, polo que a Audiencia podería considerar a súa actuación “unha anómala actuación procesual”.

Pilar de Lara e Estela San José

De feito, nalgúns círculos xudiciais cren que tanto Estela San José como Pilar de Lara están no “punto de mira” de políticos e maxistrados. A tramitación dos grandes casos que sacudiron a esta provincia –e por extensión a toda Galicia-- como son as operacións Carioca, Campeón ou Pokemon son da súa autoría. E, en todas elas, saíron a relucir nomes de importantes políticos, empresarios, policías, mafiosos, e mesmo xuíces.

A propia Pilar de Lara mesmo puxo na diana ao mesmísimo presidente da Audiencia Provincial de Lugo, José Antonio Varela Agrelo, ao vinculalo coa trama da Carioca. Por iso, a xuíza considerou xustificado abrir unha causa penal contra el ao apreciar indicios de delitos de prevaricación, cohecho e tráfico de influencias. Con todo, o TSXG desestimou a súa petición.

Desde entón, e segundo as fontes consultadas, non son poucos os altos maxistrados e políticos galegos que consideran que a xuíz estase “extralimitando” nas súas funcións para conseguir “notoriedade pública”. “Coas últimas actuacións, ademais, ten en contra a case todos os partidos políticos”, apuntan. 

De feito, non descartan que desde determinados estamentos políticos e institucionais se teña falado de como “resolver o tema de Lara”. Un tema, que se tería solucionado, en parte, coa anulación do proceso das multas de Lugo que, tramita, ademais, a súa amiga, Estela San Jose. “Agora xa hai un xustificante para poder meterlle man ao outro caso e matar dous paxaros dun tiro”, din en relación á Operación Pokemon e as dúas xuízas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

2 Katalinsky

Xa aquel Guillerme Vázquez, o líder que escolleu Paco Rodriguez para o BNG, así lle foi á organización, soltou o que soltou dalgunha das xuízas lucenses cando a imputación de Fernando Blanco (o upegallo a quen lle tocaba a lotaría). Agora Vázquez, o timonel chaíñas, andara no seu chalé de Marcón abrumado polo enorme traballo que ten como presidente milmañas da Fundación Galiza Sempre.

1 Duarte

PP, PSOE e BNG a mesma m. é.

1 Gundar

O que esta claro é que nas últimas eleccións presentouse unha oportunidade única de largar para sempre ó PP. E entre anovos, benegás, etc, non ides parar ata rematar con esa oportunidade no pozo do xurro.