A residencia do IES Rosalía Mera da Coruña acolle 32 refuxiados ucraínos

Están aloxados desde hai 15 días.

Por E.P. | A Coruña | 02/05/2022 | Actualizada ás 16:27

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou os 32 refuxiados ucraínos situados desde hai 15 días na residencia estudantil do IES Rosalía Mera da cidade herculina.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou aos 32 refuxiados ucraínos aloxados na residencia estudantil do IES Rosalía Mera
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou aos 32 refuxiados ucraínos aloxados na residencia estudantil do IES Rosalía Mera | Fonte: Europa Press

As instalacións, acondicionadas recentemente, dispoñen de 22 habitacións dobres que poden dar acollida a 44 persoas refuxiadas da guerra, aínda que "por agora" viven 32 persoas de 13 unidades familiares e de "perfís moi variados", segundo explicou o presidente provincial.

Os refuxiados contan cun "equipo de soporte importante" formado por traballadoras e integradores sociais, cunha coordinadora disposta por Cruz Vermella. Actualmente, atópanse nunha fase de "recepción e acollida, de asentamento familiar, coñecemento do idioma e da contorna na que se van a desenvolver", explicou Formoso. Posteriormente, virá unha etapa de integración social e incorporación laboral.

"Está a facerse un esforzo de solidariedade importante, pero é un drama ver a familias completas totalmente desubicadas e desmoralizadas ante a situación dunha guerra", concluíu o presidente provincial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta