Adega publica a primeira edición de CERNA en soporte dixital

A organización ecoloxista abandona o papel como soporte da súa revista, que acada a edición número 71.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 02/07/2014 | Actualizada ás 06:42

Comparte esta noticia

A revista galega de medio ambiente e ecoloxía lanza a súa primeira edición dixital, promovida por Adega, que dá continuidade ás edicións impresas anteriores. "O cambio da CERNA impresa cara á electrónica responde ao compromiso de Adega de aforrar recursos limitados, como o papel, e tamén de facer sostíbel a edición futura desta publicación", explican os editores. 

Alianza por un mundo rural galego vivo
Alianza por un mundo rural galego vivo | Fonte: adega.info

Nesta edición número 71, CERNA recompila un total de 15 artigos sobre a actualidade ambiental galega. Un dos temas principais é o da xestión do lixo. Á raíz da suba da taxa de Sogama nun 34%, algúns concellos teñen enriba da mesa diferentes propostas, que se poden coñecer nestas páxinas. 

Outro tema que está de actualidade é o da enerxía. A necesidade de atopar alternativas ao sistema eléctrico actual parece incitante, pese á perseveranza do goberno central de manter un modelo enerxético insostíbel, no que as renovábeis perden peso. Ligadas ao novo paradigma nacen en Galicia as primeiras cooperativas de enerxía verde, que coñeceremos nesta publicación. 

Pedro Trepat, avogado de Nunca Máis no xuízo do Prestige, é a persoa que protagoniza a sección de entrevistas de CERNA 71.

Virixinia Rodríguez, presidenta de Adega, nunha imaxe deste grupo ecoloxista
Virixinia Rodríguez, presidenta de Adega, nunha imaxe deste grupo ecoloxista
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Anovar Anova

Non me digas máis. É un monográfico sobre os CANS DE PALLEIRO.

1 Anovar Anova

Non me digas máis. É un monográfico sobre os CANS DE PALLEIRO.