O PSOE coruñés rexeita cumprir o fallo que anula o nomeamento de Mónica Martínez

O goberno local pediu unha aclaración da sentenza ante un posible recurso.

Por E.P. | A CORUÑA | 05/05/2022 | Actualizada ás 18:57

Comparte esta noticia

A Marea Atlántica pediu no pleno celebrado este xoves polo consistorio coruñés que se cumpra a sentenza do Xulgado do Contencioso-administrativo número 1 da Coruña que anula o nomeamento da exedil de Ciudadanos Mónica Martínez como responsable da área de Deportes e membro da Xunta de Goberno.

O xulgado fíxoo tras un recurso presentado polo partido instrumental que levou este asunto a pleno, a través dunha moción que, con todo, non saíu adiante ao non contar co respaldo suficiente xa que o PSOE votou en contra e o PP e o BNG abstivéronse. "Ten que ver coa defensa da democracia", indicou o edil da Marea Atlántica Iago Martínez sobre o obxectivo da moción. Tras a sesión plenaria, a Marea Atlántica lamentou que PP, PSOE e BNG "evitasen comprometerse cos termos do pacto antitransfuguismo".

"Resulta especialmente triste a posición do Partido Socialista, que optou polo voto en contra e rexeita acatar un mandato xudicial moi claro". Desde o BNG, o seu portavoz, Francisco Jorquera xustificou a abstención por entender que dirimir este caso corresponde á comisión de seguimento do pacto antitranfugismo e aos tribunais.

Pola súa banda, o portavoz do goberno local, Jose Manuel Lage, argumentou que a incorporación de Mónica Martínez está avalada por "informes legais". "Os tribunais están para dirimir as diferenzas", expuxo tamén a súa intervención á moción da Marea Atlántica.

Mentres, sobre un posible recurso ao fallo xudicial, desde o equipo de goberno precisaron a Europa Press que se pediu unha aclaración á sentenza. "E por tanto, parouse o prazo para recorrer", indicaron en relación ao inicial para presentar recurso, fixado para este venres, día 6.

Pleno da Coruña. A MAREA ATLÁNTICA
Pleno da Coruña. A MAREA ATLÁNTICA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta