A pandemia da Covid, máis activa en Galicia

Os casos activos de Covid seguen aumentando e superan os 17.500 tras outros 1.540 contaxios.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/05/2022 | Actualizada ás 11:39

Comparte esta noticia

Os casos activos de Covid-19 aumentan por segunda xornada consecutiva no conxunto de Galicia ata os 17.508, que supoñen 780 máis que a xornada anterior, tras rexistrarse outros 1.540 novos contaxios --unha trintena menos--, mentres que os pacientes hospitalizados descenden a 676 --implican 27 menos--. Pola súa banda, a taxa de positividade descende ao 27,39 por cento.

Segundo os datos actualizados este venres pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do xoves, recollidos por Europa Press, descenden a 18 as persoas hospitalizadas en UCI pola Covid-19 en Galicia --tres menos-- e a 658 as ingresadas en unidades convencionais --24 menos--, mentres que 16.832 pacientes atópanse en seguimento nos seus domicilios. Hai unha semana --o venres 29 de abril-- había 703 ingresados, deles 21 en UCI.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en catro das sete: Lugo, Santiago-Barbanza, Pontevedra-O Salnés e Ferrol; aumenta nas de Vigo e Ourense; e mantense na da Coruña-Cee. En concreto, na área sanitaria de Lugo descenden a tres os pacientes ingresados pola Covid-19 en UCI --tres menos-- e a 78 os doutras unidades --12 menos--; mentres que a de Pontevedra e O Salnés mantense como a única de Galicia sen críticos e reduce a 85 os hospitalizados noutras unidades --sete menos--.

No caso da de Santiago e Barbanza queda un paciente Covid en UCI --dous menos-- e conta con 97 hospitalizados noutras unidades --seis menos--, mentres que na de Ferrol hai unha persoa en críticos pola Covid --sen cambios-- e 66 noutras unidades --tres menos--. Pola súa banda, na área sanitaria de Vigo ascenden a catro os pacientes Covid en UCI --un máis-- e a 79 os doutras unidades --tres máis--; e na de Ourense permanecen dous en críticos --sen cambios-- e aumentan a 112 os doutras unidades --dous máis--.

E na área da Coruña e Cee aínda que aumentan a sete as persoas ingresadas pola Covid en UCI --unha máis--, descenden a 141 os pacientes hospitalizados noutras unidades --un menos--.

CASOS EN ASCENSO

Por segunda xornada consecutiva os casos activos de Covid-19 aumentan ata os 17.508, que representan 780 máis que a xornada anterior, ao haber máis contaxios (1.541), que altas (758), ao que se engaden tres falecementos. O venres anterior --29 de abril-- había 17.651 infeccións activas.

De novo o ascenso é xeneralizado no sete áreas sanitarias, coa de Vigo á cabeza (+237), seguida da da Coruña e Cee (+144), Lugo (+116), Ferrol (+93), Ourense (+81), Santiago e Barbanza (+79) e Pontevedra e O Salnés (+28). Por tanto, con máis infeccións activas mantense a área da Coruña e Cee, con 3.360; seguida da de Vigo, con 2.881; Santiago e Barbanza, con 2.868; Lugo, con 2.656; Ourense, con 2.532; Pontevedra e O Salnés, con 1.842 e á cola continúa a de Ferrol, con 1.349.

OUTROS 1.500 CONTAXIOS

Por terceira xornada consecutiva os contaxios superan os 1.500 en Galicia ao detectarse outros 1.541, que implican 31 menos que os 1.572 do xoves, tras rexistrarse 1.568 o mércores, 1.411 o martes e empezar esta semana con 852 novos casos abertos nas últimas 24 horas. Co novo protocolo xa non se contabilizan os autotest positivos e non se fan probas de diagnóstico a poboación en xeral. O venres pasado --29 de abril-- houbo 1.732 contagios.

Así, os contaxiados ascenden en Galicia a 594.259, dos cales 135.120 corresponden á área de Vigo; 123.125 á da Coruña e Cee; 94.136, á de Santiago e Barbanza; 72.012 á de Ourense; 67.977, á de Pontevedra e O Salnés; 65.072 á de Lugo; e 35.955, á de Ferrol.

En canto á taxa de positividade --número de PCR positivas por cada 100 realizadas-- baixa ao 27,39 por cento, tras aumentar a un 32,7% o xoves, subir ao 31,55% o mércores e baixar o martes ao 24,94%, despois de arrincar esta semana no 32,74%. Así, mantense por encima do 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia.

FALECIDOS

As vítimas da pandemia pola Covid-19 en Galicia ascenden a 3.369 tras notificar a Consellería de Sanidade este venres outro tres óbitos de homes con patoloxías previas. Así, o 4 de maio faleceu un home de 85 anos na área sanitaria da Coruña e Cee; mentres que o día 5 pasado morreron un home de 79 anos na de Lugo e outro de 72 na de Vigo.

Varias persoas no paseo marítimo da praia de Sanxenxo, a 4 de xuño de 2021 / Beatriz Ciscar - Europa Press. / Europa Press
Varias persoas no paseo marítimo da praia de Sanxenxo, a 4 de xuño de 2021 / Beatriz Ciscar - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta