Aumentan os delitos contra a seguridade viaria, un 20% máis

Supoñen o 36,79% da cifra global de deltios cualificados.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 06/05/2022 | Actualizada ás 17:42

Comparte esta noticia

O fiscal de Sala Coordinador de Seguridade Viaria da Fiscalía Xeral do Estado, Bartolomé Vargas, e o fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, alertaron dun incremento dos delitos contra a seguridade viaria, tanto a nivel estatal como galego, cun 20% máis en 2021 no territorio galego en relación ao exercicio anterior.

O fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, e o fiscal de Sala Coordinador de Seguridade Viaria, Bartolomeé Vargas
O fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, e o fiscal de Sala Coordinador de Seguridade Viaria, Bartolomeé Vargas | Fonte: Fiscalía de Galicia.

Así o expuxeron tras unha reunión no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) con representantes das forzas e corpos de Seguridade do Estado e policías locais, así como vítimas de accidentes de tráfico, con quen abordaron cuestións relacionadas coa mobilidade urbana sustentable.

O fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, lembrou que, segundo a Memoria da Fiscalía Superior de Galicia de 2021, os delitos contra a seguridade viaria supoñen o 36,79% da cifra global de deltios cualificados.

En 2021, incoáronse en Galicia 8.226 delitos contra a seguridade viaria, cun aumento interanual dun 20%, un total de 1.390 máis. O fiscal superior Fernando Suanzes sostivo, no entanto, que este aumento ten relación coa volta á actividade tras os momentos máis difíciles da pandemia.

Tras o encontro, Vargas destacou a importancia da humanización dos espazos urbanos e interurbanos, con medidas como a Velocidade 30. Respecto diso, sostivo que seguridade viaria e mobilidade sustentable son "as dúas caras dunha mesma moeda" e apelou a incentivar estas medidas. Como "referencia europea", citou as adoptadas no seu momento por Pontevedra.

Por outra banda, para reducir os delitos contra a seguridade viaria, apelou tamén á educación e a coordinación cos distintos corpos policiais. Malia o incremento deste tipo de delitos a nivel estatal, subliñou que "de cada 100 condenados, escasamente o un por cento reincide".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta