Temas: FUXIDAS

Velada especial nun sepulcro megalítico

Este verán o dolmen de Dombate ofrece unha proposta diferente para as noites de xullo e agosto. Esta referencia turística da Costa da Morte ofrece a partir de hoxe visitas nocturnas. O sepulcro, duns 5000-6000 anos de antigüidade e situado en Cabana de Bergantiños, será o escenario espectacular dunha cita aberta a todo o público e que se repetirá todos os venres de verán.

Por GC Tendencias | A Coruña | 04/07/2014 | Actualizada ás 16:02

Comparte esta noticia

552139_396151673825712_999837618_n

Dolmen de Dombate
Dolmen de Dombate

O primeiro encontro será hoxe venres a partir das once da noite xunto ao guía Anxo Eiroa, que usará a iluminación gradual do edificio que protexe o dolmen máis unha lanterna, para ofrecer unha visita informativa mais tamén sensorial. Música de fondo e a escuridade nocturna que envolve o dolmen axudarán a crear un ambiente especial ao longo da hora que durará a visita.

A actividade terminará no centro de interpretación do dolmen de Dombate, onde os visitantes poderán ver reproducións das pinturas e gravados que foron achados nas paredes do dolmen. Mesmo poderase escoitar poesía nesta visita guiada diferente, máis participativa e que xoga con todos os sentidos.

552139_396151673825712_999837618_n

Anxo espera que o partido Brasil-Colombia non eclipse este “pequeno experimento” que en Dombate decidiuse poñer en marcha tras o éxito da ‘ruta das estrelas’ que se organiza en agosto dende fai varios anos.

Dolmen de Dombate
Dolmen de Dombate

Aínda que para aqueles que non poidan acudir hoxe (ou non queiran perder o partido) a visita nocturna vaise repetir todos os venres de xullo e agosto.  Será a partir das 23h ata medianoite e o acceso é libre e gratuíto.

As visitas diurnas ao dolmen de Dombate manteñense de martes a domingo de 11.00 a 14.00 e de 16 a 20.00 horas. Tamén hai programada unha nova ‘Ruta das estrelas’, unha velada que combina arqueoloxía e astronomía, para o día 8 de agosto.

Máis información na web de Deputación da Coruña.

Dolmen de Dombate
Dolmen de Dombate
Temas: FUXIDAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta