Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2022 | Actualizada ás 19:54
Os premios 'Bos e xenerosos 2022', entregados este domingo en Ponteceso e organizados anualmente pola Fundación Eduardo Pondal, recoñeceron o traballo da arqueóloga Ana Romero no Dolmen de Dombate.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, foi o encargado de entregarlle o premio á arqueóloga, que ademais de por o seu traballo en Dombate, é coñecida polo seu labor nas escavacións do castro da Cidá de Borneiro.
Pola súa banda, o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, entregou o busto de Pondal á pintora e escultora de Muxía, Viki Rivadulla, "pola súa obra reivindicativa de temas como o mar, a muller mariñeira e a súa cultura".
O resto de premiados destes galardóns foron o director da Fundación Juana de Veiga, José Manuel Andrade Calvo; o físico e catedrático da USC, Jorge Mira; e o fotoperiodista José Manuel Casal Sobrino.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.