Compostela celebrou este pasado xoves o centenario da adhesión do Concello de Conxo ao de Santiago
A primeira vez na historia de Galicia que unha banda de música interpretou o Himno Galego nunha celebración litúrxica foi na igrexa parroquial de Redondela no contexto das festas da Coca. Tal suceso aconteceu na década dos anos oitenta. Para sortear os receos que eu albiscaba no director da banda de música e o párroco, busquei a complicidade do bispo demisionario da diocese de Mondoñedo-Ferrol, monseñor Araúxo, de talante galeguista, a quen convidei para que presidise a misa concelebrada. Ata entón era costume que no momento da consagración, as bandas de música interpretasen o himno español. Tradición que procedía do nacionalcatolicismo do Estado.
  comenta   0
Constituída a comisión parlamentaria que analizará a modificación da letra do himno galego
  comenta   0
O cambio proponse co fin de que se recolla o texto orixinal do poema de Eduardo Pondal, sen os erros que perduraron no tempo.
  comenta   0
Un total de 25 establecementos de hostalaría de Celanova ofrecerán este venres, día 23, o 'Caldo de Gloria', unha receita que Rosalía de Castro describe no poema 'Miña casiña, meu lar', como homenaxe á escritora unha xornada na que se cumpren 187 anos do seu nacemento. Tamén se sumarán locais de Padrón e Ponteceso.
  comenta   0