Os comerciantes galegos apuntan un 5% menos de facturación pola inflación ao "tratar de conter os prezos"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2022 | Actualizada ás 12:51

Comparte esta noticia

A inflación disparada repercute nunha menor facturación no comercio galego, entre un cinco e un dez por cento menos de vendas con respecto ao pasado ano, segundo estima o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas.

Estas cifras apuntounas este luns o presidente da Federación Galega de Comercio, o lucense José María Seijas, que lamenta que a alza dos prezos e outros condicionantes leva ao sector a que "arrastre un gran déficit desde hai tempo".

Seijas sinalou que "os comerciantes están a apertar moito o cinto para tratar de conter os prezos, pero ao final todo ten que subir porque, por exemplo, o transporte ocasiona máis gastos por parte dos provedores".

"Todo isto nótase e seguimos capeando o temporal á espera de que se produza unha recuperación", sinalou. "Agora mesmo temos sobre un cinco ou un dez por cento menos de facturación con respecto ao ano pasado", reiterou.

"Hoxe a única esperanza é que coa chegada do turismo e do verán é que se mellore un pouco para ir tirando e manténdose", concluíu José María Seijas. Esta situación, comentou, "afecta os petos dos consumidores, sobre todo o que se gasta en enerxía e gasolina que finalmente non se pode gastar no comercio".

Comercio comerciante polo miúdo
Comercio comerciante polo miúdo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta