Denuncian cargos "indebidos" por case 80.000 euros en comisións bancarias ao Concello de Ourense

O BNG anunciou que na próxima xunta de área de Facenda pedirán explicacións á concelleira delegada por un feito que consideran "grave e ilustrativo da falta de xestión política e de control sobre o diñeiro público".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2022 | Actualizada ás 21:24

Comparte esta noticia

O portavoz municipal do BNG, Luís Seara, advertiu de que, do estudo "pormenorizado" que realizou sobre o informe de liquidación orzamentaria do exercicio 2021, certifícase " a nefasta xestión do actual goberno PP-DO", co "grao de execución máis baixo nos últimos 11 anos, cun 41,59%".

Máis aló diso, tamén se observa o "deixamento" do executivo local ara a hora de "controlar e optimizar os recursos públicos". Así, advertiu de que, segundo a análise feita, no pasado exercicio foron cargados ao Concello en concepto de comisións bancarias "nin máis nin menos que 78.498,63 euros", cantidade que "non se corresponde coas condicións fixadas".

De feito, o BNG de Ourense advirte de que no propio informe de Tesouraría Municipal maniféstase que se "trata de cargos indebidos por non corresponder ás condicións remitidas polas entidades", o que motivou un requirimento para a devolución dos importes cargados.

O BNG anunciou que na próxima xunta de área de Facenda pedirán explicacións á concelleira delegada por un feito que consideran "grave e ilustrativo da falta de xestión política e de control sobre o diñeiro público".

O portavoz do BNG en Ourense, Luís Seara, en rolda de prensa. BNG
O portavoz do BNG en Ourense, Luís Seara, en rolda de prensa. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta